martes, 10 de abril de 2012
A illa das Preferentes
Capítulo especial da Illa de Perdidas.
Logo das vacacións de Semana Santa, a dirección do programa quere cancelalo aínda que non vai mal.
As constantes baixas de Pija e Maruja e os delirios de grandeza de Choni fan que o proxecto sexa cada vez menos máis rendible.A dirección da cadea quere optar por un novo formato: tipo " talent" o último do último na produción de programas como "Tú si que vales" ou "Número 1". Mesmo pensan recontratar a Risto Mejuto de colaborador.
Ademais no consello de administración do ente pensan que o formato é demasiado vulgar e que deberían poñelo na Gue-dúas ou na Gue-tres de habela.
A audiencia baixa moito na semana da folga e na semana santa e na posterior. Pero o culmen do despropósito chega cando por mor das treboadas dos últimos días, ancora a escasos metros da praia de Rodas "o Preferentes of the seas" un cruceiro de baixo custe da naviera P & O.
A bordo do megacruceiro consignado a NCG un grupo dun milleiro de pasaxeiros e tripulantes mortos de fame tras un ataque de disentería por tomar unhas ostras da Pedra na cidade de Vigo.
Os afectados, a réxime de dieta branda e en corentena xa non aturan máis sen comer e deciden baixar á Illa de Perdidas para comer algo. A súa desesperación fai que mesmo queiran invadi-lo plató onde se gravan as presentacións de Perdidas. E case o consiguen.
O cruceiro queda á valga, case case parece un Prestige ou un Costa Allegra da vida.
Maruja está agobiada e non dá feito.
-Jo, hai tempo que lle tiñamos que ter visto as "ojeras" ó lobo.
O capitán do barco:míster Manicho é o primeiro en abandona-lo barco agochado nunha barca salvavidas na popa. Escóndese nun furancho de Arealonga. Ata que a conselleira do mar o chama polo Canal 12.
-My day, may day: Volva dunha puta vez ó barco...
Manicho alí no seu propio Costa Concordia sentiuse un Francesco Schettino da vida fronte a Illa de Giglio e fuxíu.
Logo alguén quixo saber que pasara ese día e abriron un expediente informativo. Buscaríanse responsabilidades entre os viaxeiros, a tripulación do barcoe por vez primeira entre as tres concursantes de "Perdidas".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario