14 abril, exterior día;Voando desde Bostwana. Podería estar guionizado e dirixido por Berlanga ou se cadra mellor por Santiago Segura, pero non. Casarreal de España convídalles esta semana ó mellor vodevil,ó mellor spaguetti western.
Os neocaciques son así. A cazar elefantes na senectú, cando debería estar botando a soneca nunha residencia de Geriatros e botando a partida.
O neto hospitalizado dun tiro nun pé, a nai do rapaz paseando por Sanxenxo, a avoa en Grecia e o gigoló este da terceira idade de cacería( como tódolos prohomes deste país cando as cousas se torcen).
Do xenro xa nin falar...
E logo dirán que son xente sinxela coma nós, que no fondo andan todo o día de vacacións e nos tratan como subnormais. Pensan que con que a Letizia poña catro traxes de Zara xa zafan.
Probablemente a Monarquía non é unha mala opción e este señor tan puteiro e tan simpático foi un bo embaixador, pero por que ninguén nos di que fan? Canto gastan? E Como se paga?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
trabúscaste, é una iniciativa cultural, se non é polo crebaosos ninguén sabería onde queda Botswana, manda truco!
ResponderEliminar