Vistas de página en total

domingo, 10 de febrero de 2013

Os chopos de Coia

Os chopos de Coia deixaron máis follas que os bidueiros e noutono, pero follas de xornal. Os chopos de Coia foron trending topic de nadal a febreiro; tanto no faro coma na voz coma no xornal oceánico, ou nas roldas de prensa do PP. Os chopos de Coia xa son máis famosos que o olmo de Machado.Os chopos de Coia deben ter xa unha causa en change.org, xa teñen os seus poemas e os seus corazóns espetados e hai quen di que a punto estivo Tita Cervera de vir atarse a eles. Son unha causa romántica e ecoloxista. Son o único verde nun barrio gris escuro de cemento habitado por traballadores do metal e de caixanova. O único verde que apodrece e que cobre os coches coas súas pólas e as casas todas dunha manta de pole branco. Os veciños deste barrio de aluvión están fartos dese po en suspensións, deses flocos, desas faíscas, desa alerxia e dessa caída de árbores. Pero nós, os que vivimos no centro, os do PP,os do Atlántico, os do Faro ou os da Voz, ou os ecoloxistas e mesmo os da asociación veciñal vémo-las árbores a trinta quilómetros de velocidade desde o coche e pensamos qué bonitas son! Porque alí as colocou o paisaxista Francisco de Sales e configuran un bonito paseo cuxas molestias non temos que aturar. Os chopos de Coia son xa como o olmo de Machado ou a árbore de Guernica, ou a oliveira do escudo vigués que tanto arraigaron que ninguén pode xa con eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario