Vistas de página en total

sábado, 9 de febrero de 2013

Potito party, de "Perdidas nas Cíes"

Na Illa de Perdidas vívese un cambio tecnolóxico sen precedentes cando a produtora decide enviar unha unidade móbil nova. Podiamos facer un programa de radio di Choni todo chea, feita un brazo de mar. Maruja abre os ollos e só pensa que aquilo lle vai dar máis traballo e non pode soporta-la idea, Pija segue a buscar cobertura co aifon 5. Si, si, esta decidido imos facer un programa de radio, de corte feminino; falaremos deses temas que tanto interesan a nó-las mulleres: nenos, maridos, roupa, tecnoloxía, decoración... médicos... Sí, si di Maruja que xa lle empeza a ve-lo punto ó novo programa. Ás nove facemos a primeira rolda de conexións: ademais da hora e da temperatura, a xente que chame contará qué tal pasou a noite o seu bebé, faremos un seguemento en detalle de tódalas que nos chamen. Sí, sí que guai, di Pija, que xa se estaba afacendo ás conversas sobre, cueiros, apiretais, dalsis e zurullos infantís de tódalas cores e espesuras. Este microespazo pódenos levar unha hora, porque estes temas interesan moito e pásase o tempo nun salouco. Faise curto mesmo. Sí, si di Maru, a xente pode chamar e consultano-las súas dúbidas sobre os xenéricos... Logo teremos que dedicarnos un pouco ás actividades do reality show: a pesca de fanecas, e de rapantes para comer, pero sen estrés eh? di Maru. Ás once e media break coffe di Pija. Cómo? pregunta Maru, qué é bricofi? Pausa para o café di Pija, carallo parece como se nunca saíses da Gran Vía, Maru,hai que viaxar máis, aínda que sexa de cámping... Se alguén ten que facer unha compriña, a hora ideal é esta logo de break coffe di Choni. Aí nos queda un ratiño no que podemos volver ás actividades propias do reality show. Pero xa á unha é unha boa hora para facer unha rondiña de guasaps, deses que parecen power points e que son moi divertidos, a min mólanme eses do gatiño que fala son ideais di Maru. Eu teño uns moi bos pero só se poden transferir a móbiles de apple di Pija, falando do único que fala desde a chegada dos smartphones... Unha e media, tertulia no bathrroom di Pija, si, si unha conversa informal no baño, iso dálle moito xeito a calquera programa como en Gran Irmán ou Ally Mcbeal di Choni. Pero a Maru, non lle convence, non quere que se lle apalanquen no baño, onde ela pasa as horas mortas perdendo o tempo e zafando do chollo, aínda que non se atreve a dicir nada. E chegamos ás dúas di Choni, haberá que parar para comer algo non? E así pasan os días ata que o planning do novo programa de radio non é aprobado pola cadea de televisión. - Joer, se isto parece un programa da sección feminina, a quen carallo pode interar tanto potito, tanto cueiro e tanto guasap...? Di o director xeral!

No hay comentarios:

Publicar un comentario