domingo, 22 de septiembre de 2013
Perdidas nas Cíes; tempada tres
O verán non dá rematado e as nosas tres protagonistas están fartas de que a illa estea chea de marulos. Pija persigue a todo o equipo técnico e mesmo ós turistas para contarlle-la súa última viaxe á India, pero todos foxen dela como da lepra, de fartos que están das súas historias.
Maruja segue aqueloutrada, non dá pé con bóla. Quere mandar un e-mail pero non dá feito, é que non entendo o enderezo que me deron: non sei se é hotmail ou gmail.
- Cóoooooomo? Di Pija toda alporizada que anda entretida baixando a nova versión iOS ó Aifon8 e o Aipdad 4.
Pija achégase ata Maruja para axudarlle cos emails e case lle dá una lipotimia cando ve os enderezos: petra@jotmail.com coa letra toda borrosa, desque lle escoitou decir a retrinque ARRODA por arroba non escoitara nada igual.
Choni pasa unha época tranquila, aínda que está un pouco mosqueada porque a dirección da cadea recomendoulle que non abuse do mini-short.
Para mellora-la imaxe do programa quérenlles contratar un estilista, pero como non hai cartos, primeiro pensan nun personal shopper e acaban fichando a unha blogger de moda, desas que non cobran.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario