Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Perdidas na Cíes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Perdidas na Cíes. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de septiembre de 2013

Perdidas nas Cíes; tempada tres

O verán non dá rematado e as nosas tres protagonistas están fartas de que a illa estea chea de marulos. Pija persigue a todo o equipo técnico e mesmo ós turistas para contarlle-la súa última viaxe á India, pero todos foxen dela como da lepra, de fartos que están das súas historias. Maruja segue aqueloutrada, non dá pé con bóla. Quere mandar un e-mail pero non dá feito, é que non entendo o enderezo que me deron: non sei se é hotmail ou gmail. - Cóoooooomo? Di Pija toda alporizada que anda entretida baixando a nova versión iOS ó Aifon8 e o Aipdad 4. Pija achégase ata Maruja para axudarlle cos emails e case lle dá una lipotimia cando ve os enderezos: petra@jotmail.com coa letra toda borrosa, desque lle escoitou decir a retrinque ARRODA por arroba non escoitara nada igual. Choni pasa unha época tranquila, aínda que está un pouco mosqueada porque a dirección da cadea recomendoulle que non abuse do mini-short. Para mellora-la imaxe do programa quérenlles contratar un estilista, pero como non hai cartos, primeiro pensan nun personal shopper e acaban fichando a unha blogger de moda, desas que non cobran.

miércoles, 22 de mayo de 2013

Tempo tras tornados na Illa de Perdidas

Os últimos tornados en Oklahoma teñen trastornadas ás nosas tres protagonistas. A chegada das primeiras raiolas de sol fai que moitas devezan por coller xa a primeira baixa do ano. Maruja leva uns meses fóra de si non atura unha mínima insinuación sobre a idade e o aspecto e anda cada minuto comparándose con esta e con aquela, e xa ninguén lle contesta cando di: esa non pode ser máis nova ca min, non parece eu máis nova? E xa nin as medusas responden. E as algas e os caramuxos fartos están xa. E mala cousa cando alguén responde porque se non lle gusta a resposta, axiña di " o que hai que oír"; se non queres oír raíña non preguntes, ou en todo caso deberías respeta-lo que opinan os demais. Ademais continúan os problemas de estilismo. Choni quere máis volantes,Pija non atura as camisetas "prensas" e Maruja que vive unha nova etapa existencial quere roupa máis moderna. Seguen ademais sen poñerse de acordo en que comer, na dieta de verán, o que a partir de agora chamaremos vulgarmente: "ingestas". A operación biquini apreta e xa non estarán soas nas illas e queren lucir "palmito". Choni quere mazarse a biomanán e face-la dieta Dukan, pero Pija di que non, que xa dixo a OCU que esas dietas son nocivas; e Maruja segue pampa e pregúntase para o seu interior, quen coño será Ocu?

jueves, 9 de mayo de 2013

Volven as jichas de Perdidas

O Programa de cociña da illa vai de mal en peor.Aquilo parece xa "Pesadelo na cociña". Tódolos restaurantes que se prestan a participar no programa van pechando ou facendo un ERE. Na illa todo vai en caída libre. Na revisión médica habitual, na análise de tóxicos dan máis positivos por benzodiazepinas que na Operación Puerto. A Maruja vaiselle o bolo aínda máis do habitual, Pija está moi enfadada polos novos cambios e non sabe xa se virar á esquerda ou a dereita. As audiencias van fatal e a produtora do programa Zinquin-Tranquimazinquing Audiovisual decide estar presente no festival de Cans cunha curta ou cunha reportaxe. A elixida é Rapante Nui, gravada no seu día no Bar Fortes do Porriño e que se exhibirá no Pendello de Moncho. Choni quere que todo o persoal da Illa acoda á preestrea, pero Pija di que polo carallo que ela pasa de ir no chimpín e de pisar bosta coas súas Pretty Bailarinas ou cos Slipppers eses que parecen as zapatillas dunha avoa, porque ela non ten unhas botas plásticas brancas desas que se pisas unha bosta as podes lavar cunha baeta.

sábado, 9 de marzo de 2013

Treboada na Illa de Perdidas:do chonismo ó chandalismo caudillista

Dos directores de "Lo imposible" e do "Método Gröngholm dos guionistas de "Nada, mentiras e cintas de vídeo" cos protagonistas de "Los miserables" e dos " Xefes pasaxeiros" xorde o penúltimo capítulo de "Perdidas"´: "Máis perdidas ca nunca". Banda sonora: Los calis, Los Chichos e Los Chunguitos Starring by Almodóvar, Iker Jiménez e Juan Antonio Bayonas. Unha forte treboada que deriva en tsunami afecta ó arquipélago de Perdidas. A dirección do programa quere emiti-lo fenómeno adverso en directo, pero non o consiguen. Maruja berra mayday, mayday, my God my God, pero como sempre non dá feito. -Volveuse estraga-la LSD di Maruja toda farruca. - Pero que LSD nin LSD di Pija? - Si, a LSD a conexión da internet que non furrula teima Maruja. Choni está desolada, a treboada, o tsunami e o tornado arrasaron con todo o campamento base que ela conseguira deseñar. Anda moi alporizada e perde o control cada cinco minutos xa ninguén lle fai caso. - Mellor sería que fosemos a Splash ou a "Mira quen salta". Co trebón o programa déixase de emitir e a dirección da canle achégase en helicóptero ata o Peirao de Rodas; queren ver in situ por qué fallou a emisión. Aqueles días o bar do Porto é un constante desfilar de abrigos e chaquetóns de veludo, uns de orixe aninal e outros de orixe sintética. A cantina do porto aparece chea de pintadas: "Chonismo is dead" que ninguén sabe que significa porque aquí a lingua oficial é o castrapo. A dirección da canle quere redefini-lo programa na procura de maior eficiencia,e busca un novo comandante presidente chavista, un chandaleiro como o Gran Hugo Chávez Frías. Si, era boa idea elixir no novo reality show da tempada un novo líder político; Antena 3 anda á procura dun novo Papa, A Nosa Terra tv montou outro reality na procura dun novo presidente da RAG, El Mundo TV montou outro para atopar un novo Rei, Atlántivo TV busca unha nova Corinna Porro; por qué nós non imos buscar un novo líder bolivariano para Venezuela, aínda que sexa aquí nas Cíes? Fundido a negro?

sábado, 9 de febrero de 2013

Potito party, de "Perdidas nas Cíes"

Na Illa de Perdidas vívese un cambio tecnolóxico sen precedentes cando a produtora decide enviar unha unidade móbil nova. Podiamos facer un programa de radio di Choni todo chea, feita un brazo de mar. Maruja abre os ollos e só pensa que aquilo lle vai dar máis traballo e non pode soporta-la idea, Pija segue a buscar cobertura co aifon 5. Si, si, esta decidido imos facer un programa de radio, de corte feminino; falaremos deses temas que tanto interesan a nó-las mulleres: nenos, maridos, roupa, tecnoloxía, decoración... médicos... Sí, si di Maruja que xa lle empeza a ve-lo punto ó novo programa. Ás nove facemos a primeira rolda de conexións: ademais da hora e da temperatura, a xente que chame contará qué tal pasou a noite o seu bebé, faremos un seguemento en detalle de tódalas que nos chamen. Sí, sí que guai, di Pija, que xa se estaba afacendo ás conversas sobre, cueiros, apiretais, dalsis e zurullos infantís de tódalas cores e espesuras. Este microespazo pódenos levar unha hora, porque estes temas interesan moito e pásase o tempo nun salouco. Faise curto mesmo. Sí, si di Maru, a xente pode chamar e consultano-las súas dúbidas sobre os xenéricos... Logo teremos que dedicarnos un pouco ás actividades do reality show: a pesca de fanecas, e de rapantes para comer, pero sen estrés eh? di Maru. Ás once e media break coffe di Pija. Cómo? pregunta Maru, qué é bricofi? Pausa para o café di Pija, carallo parece como se nunca saíses da Gran Vía, Maru,hai que viaxar máis, aínda que sexa de cámping... Se alguén ten que facer unha compriña, a hora ideal é esta logo de break coffe di Choni. Aí nos queda un ratiño no que podemos volver ás actividades propias do reality show. Pero xa á unha é unha boa hora para facer unha rondiña de guasaps, deses que parecen power points e que son moi divertidos, a min mólanme eses do gatiño que fala son ideais di Maru. Eu teño uns moi bos pero só se poden transferir a móbiles de apple di Pija, falando do único que fala desde a chegada dos smartphones... Unha e media, tertulia no bathrroom di Pija, si, si unha conversa informal no baño, iso dálle moito xeito a calquera programa como en Gran Irmán ou Ally Mcbeal di Choni. Pero a Maru, non lle convence, non quere que se lle apalanquen no baño, onde ela pasa as horas mortas perdendo o tempo e zafando do chollo, aínda que non se atreve a dicir nada. E chegamos ás dúas di Choni, haberá que parar para comer algo non? E así pasan os días ata que o planning do novo programa de radio non é aprobado pola cadea de televisión. - Joer, se isto parece un programa da sección feminina, a quen carallo pode interar tanto potito, tanto cueiro e tanto guasap...? Di o director xeral!

domingo, 5 de agosto de 2012

Enviado desde o meu I Pad


No baño do bungalow da Illa de Perdidas aparece un anel de Tous e Maruja decide gardalo na caixa forte, aínda que tamén dubida se metelo na caixa rexistradora nova, no botiquín ou na neveira, calquera sitio vale porque todos teñen chave.
Chega o aniversario de Pija e Choni e Maruja deciden facerlle un regalo e poñen un bote de cinco euros cada unha, polo que nos lles dá máis que para mercarlle unha pulseira de "Diecisiete cosas" das máis baratas, moi riquiña, iso si, pero moi asequible de prezo.
As cousas tampouco pintan ben en casa para Pija porque Papuchi lle regala unha tablet Samsung Galaxy e Pija non a quere. Quere unha I Pad para que cando pendure as fotos no feisbuc ou no twitter poña "enviado desde o meu I Pad". Por ese motivo pasa dous días sen lle falar.
- Só se lle ocorre a el: mercarme unha tablet coreana, que vergoña! Que cada vez que poña algo todo o mundo saiba: colgado desde Samsung mobáil, non isto é moi forte para min...
A chegada das Olimpíadas ten moi entretida a Choni que un dos primeiros días decide facer unha homenaxe ó gran evento do deporte mundial: levando un estismo ad hoc: minishort vermello de futbolista e camiseta de debuxos ópticos vermellos e marelos tipo cachemir que xa quixera para si David Cal...