viernes, 28 de marzo de 2014
Postureo fino na visita ó novo Hospital de Vigo
Unha hora de paseo entre andamios, paneis, cemento e estruturas inacabadas do que será Hospital Metropolitano Álvaro Cunqueiro de Vigo. Algún puro, algún abrigo loden; moito azafato e azafata de obra, un equipo sanitario por se a alguén lle daba unha lipotimia; algún político con resaca do xantar e moita alegría. Tanta como para calzar uns Loubotin de 12 centímetros como os da xerente do SERGAS, Nieves Domínguez; tanta como para mazarse a "selfies" diante das padiolas sanitarias. Parecía unha imaxe do NODO de non ser polos chaleques de obra "fosforitos"e polo calzado da Marinieves, manndacarallo que tivo en alerta todo o tempo ó equipo sanitario que pensou que se ía esnafrar entre os quirófanos e o control de enfermería. Non estaba Abel, supoño que non foi invitado.Só había políticos do PP.Entre todos case cen. Contando prensa e xefes de Servizo do CHUVI vigués.Todos moi contentiños eles, todos lixeiros de cascos, xa sabemos como son...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario