Mostrando entradas con la etiqueta sanidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sanidade. Mostrar todas las entradas
martes, 22 de septiembre de 2015
Suso, el celador
Hace más de treinta años tenía una amiga en el cole que presumía de que su padre era médico. Sí,sí, me decía. Trabaja en el centro de salud de Teis. Si vas allí pregunta por Suso,el celador. Todo el mundo lo conoce.Es una anécdota simpática y al tiempo real. Ahora dicen que Suso, es decir un celador, o todos, (me da igual) son los artífices de todas las críticas al nuevo hospital. Olé por Suso! Fue capaz de convocar a doscientas mil personas en una manifestación.Olé por Suso! Está "petándolo" en todas las redes sociales! El otro día sobre los problemas del Cunqueiro habló un paciente. Y hubo un gran cerebro gris que dijo: " este igual es primo de un celador" . Olé por Suso! Quizás lo llamen de Inditex o de Apple como al Community Manager de la Policía Nacional. O quizás de la ONCE que realmente en este tema hay mucho ciego de los que no quieren ver!!!
jueves, 10 de septiembre de 2015
Xente de boa fe
Opina o presidente Feijóo que entre as duascentas mil persoas que se manifestaron en Vigo contra a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro, seguro que había moitísimas personas de boa vontade e de boa fe.Xúlganos desde a superioridade e desde a soberbia. Considera que están errados e manipulados.Non considera que este país seu teña cidadáns adultos e maduros.Pensará o mesmo de eles, cando o votan masivamente a el.Quizás tamén polo baixo cando ganaas eleccións pensa que foi grazas ós votos desa xente inmadura, e de boa fe que non sabe o que é bo paea eles...
viernes, 4 de septiembre de 2015
Un goberno autista
Máis de cen mil persoas saíron onte á rúa para protestaren polo novo hospital de Vigo. E Feijóo mira para outro lado e non pensa reaccionar. Fungos,falta de limpeza, comida conxelada, paredes de Pladur a caer, tubaxes a rebentar tódolos días. Ratos de paseo polo corredor. Ambulancias de ida e volta, viais escasos e catastróficos accesos. Mala xestión do médico e dos outros servizos.100.000 persoas non poden estar manipuladas nin equivicadas. Probablemente esa empresa propietaria do edificio precisaría unha seria recinvención ou wue lles quiten a concesión. Ou é que son máis amigos que os usuarios. A quén defende o noso goberno a nós ou a esa empresa? A quén tapa? Qué lles deben? Por qué desvalixan toda a sanidade de Vigo para abrir ese aborto?
Hai quen pensa que o pobre Cunqueiro non merece que lle desen o seu nome a ese hospital, pero eu penso que sí.Non é todo o que ocorre alí incribe e puro realismo máxico? Sobre todo as pantasmas que o dirixen!!!
jueves, 16 de julio de 2015
Últimos días en Almirante Vierna Spa Resort
Qué xeito máis lindo de despedirse do noso mítico hospital que pasar uns días nel, antes de que peche. Antes de que a cafrada se consume.Estará toda triste Esperanza Aguirre porque a ela non se lle ocorreu pechar La Paz nin o 12 de Octubre para substituilos por esa rede de hospitais de pichiglás que ela creou na Comunidad de Madrid. Terá ousadía Feijóo de pechar o Juan Canalejo que tamén é moi vello,e o resto de hospitais da Coruña para substituílo por un gran hospital de atención pública e capital privado en Penamoa ou Arteixo? Non tal, son cousas que só pasan aquí en Vigo.
O desastre avecíñase. As resonancias vanse facer nunha unidade móbil, nun camión en Beade como se fose o camión-escenario da Panorama. Por qué non as deixan no Meixoeiro? canda o laboratorio? Cómo lles gusta o " pendellismo" e o feísmo e a estética de cortello á xente esta!!!
E qué vai pasar cando che fagan unha análise en Beade e a teñan que revisar en Bembrive ( Meixoeiro) e haxa atasco ou accidente?
Iso tanto dá! " Despedida y cierre", eso es lo que les va! Oxalá nós tamén podamos despedir a alguén e pecharlle o negocio en outubro do ano que vén. Mentres tanto pasamos os últimos días no Almirante Vierna Spa Resort con permiso de Manuela Carmena.
viernes, 28 de marzo de 2014
Postureo fino na visita ó novo Hospital de Vigo
Unha hora de paseo entre andamios, paneis, cemento e estruturas inacabadas do que será Hospital Metropolitano Álvaro Cunqueiro de Vigo. Algún puro, algún abrigo loden; moito azafato e azafata de obra, un equipo sanitario por se a alguén lle daba unha lipotimia; algún político con resaca do xantar e moita alegría. Tanta como para calzar uns Loubotin de 12 centímetros como os da xerente do SERGAS, Nieves Domínguez; tanta como para mazarse a "selfies" diante das padiolas sanitarias. Parecía unha imaxe do NODO de non ser polos chaleques de obra "fosforitos"e polo calzado da Marinieves, manndacarallo que tivo en alerta todo o tempo ó equipo sanitario que pensou que se ía esnafrar entre os quirófanos e o control de enfermería. Non estaba Abel, supoño que non foi invitado.Só había políticos do PP.Entre todos case cen. Contando prensa e xefes de Servizo do CHUVI vigués.Todos moi contentiños eles, todos lixeiros de cascos, xa sabemos como son...
jueves, 30 de enero de 2014
13 f , salvémo-la sanidade
A penúltima vez que fun á consulta nun hospital vigués non había fonendo, nin termómetro, eran días de nadal.Supoño que días de substitucións, na consulta había goteiras, tamén no hall do hospital e noutras estancias.No hospital máispróximo ó centro e máis vetusto da cidade xa non hai urólogo. No novo hospital redúcense camas e cuartos e tecnoloxía. Vigo xa non será referencia para moitas especialidades.Os pacientes están aquí.Pero os servizos están alá, naquela provincia que ten dúas unidades de trasplantes. Naquela provincia onde todo se fai ó grande, aínda que logo haxa que chamar ós de Vigo e ós de Pontevedra porque non enchen as prazas.AUDASA bate palmas e en Pontevedra bufan. Por qué fan os servizos onde menos xente hai? Por qué obrigan a unha maioría a ir onde hai menos poboación?Por qué estamos sempre castigados? Din o BNG e o PSOE vigués que están levando a Santiago carga de traballo e especialidades de alto custo e alta tecnoloxía para que o novo hospital semiprivado sexa máis rendible. Por qué o SERGGAS contrata ós médicos e non ós celadores ou ós camareiros de planta?Por qué nos queren madrileñizar no mal sentido da palabra? Por que están dimitindo en masa os xefes de servizo do hospital vigués? Se cadra antes de contestar deberiamos ir preparando o calzado para ir á manifa do 13 f.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)