viernes, 4 de abril de 2014
Fundido a negro na ría de Vigo
Aquí nunca pasa nada. A nosa ría é como un prato. Milleiros de barcos atravesan cada ano o noso mar interior e non afunde ningún. Grandes mercantes, car- carriers, chalanas, dornas, faluchos ou zódiacs e aquí case nunca pasa nada.
A nosa ría é xenerosa. Os grandes usuarios da ría: os portacolectores, os portacoches, os barcos de pasaxe e mesmo as planadoiras circulan polo noso mar coa mesma placidez que un neno gatea polo salón diante da súa nai.
Aquí nunca pasa nada. Pequenos accidentes por imprudencias, accidentes humanos pero a ría de Vigo non soe ser escenario de grandes catástrofes. Por iso o do "Mar de Marín" tócanos tan fondo. Cinco mortos, dous deles á valga quedaron no noso mar. Para atopar un naufraxio destas características teríamos que remontarnos ó 78 ó sinistro do Marbel con máis de vinte mortos. O resto pequenos sucesos nunha ría que nos fai fachendear de ser un dos portos máis seguros do mundo.
Se cadra a maior cantidade de mortos que hai na nosa ría están no contorno de San Simón e non foron as ondas nin a mala mar as que os levaron alí.
Por iso a ría está de loito tan negra coma o Prestige.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario