Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta sucesos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sucesos. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de septiembre de 2016

Preguntas ferroviarias en Galicia

Son los trenes gallegos los más viejos de España? Se ha puesto aquí una alta velocidad low cost? Existirá alguna vez el AVE gallego? Cuántos trenes en Galicia no tienen dispositivo automático de frenado ante emergencias como la de hoy o la del Alvia a Santiago? Por qué sigue habiendo dos estaciones en Vigo? Es verdad que el AVE de " pichiglás" que conectará Vigo con Madrid pasará dando vuelta por Santiago? Seguirán siendo gallegos los ministros de Fomento para disimular? Se le va a echar la culpa al maquinista como la otra vez? O tal vez a Portugal? O quizás a la presión popular que evitó retirar este tren? Porque aquí hay alguien que nunca tiene culpa de nada. Quién será?

viernes, 4 de abril de 2014

Fundido a negro na ría de Vigo

Aquí nunca pasa nada. A nosa ría é como un prato. Milleiros de barcos atravesan cada ano o noso mar interior e non afunde ningún. Grandes mercantes, car- carriers, chalanas, dornas, faluchos ou zódiacs e aquí case nunca pasa nada. A nosa ría é xenerosa. Os grandes usuarios da ría: os portacolectores, os portacoches, os barcos de pasaxe e mesmo as planadoiras circulan polo noso mar coa mesma placidez que un neno gatea polo salón diante da súa nai. Aquí nunca pasa nada. Pequenos accidentes por imprudencias, accidentes humanos pero a ría de Vigo non soe ser escenario de grandes catástrofes. Por iso o do "Mar de Marín" tócanos tan fondo. Cinco mortos, dous deles á valga quedaron no noso mar. Para atopar un naufraxio destas características teríamos que remontarnos ó 78 ó sinistro do Marbel con máis de vinte mortos. O resto pequenos sucesos nunha ría que nos fai fachendear de ser un dos portos máis seguros do mundo. Se cadra a maior cantidade de mortos que hai na nosa ría están no contorno de San Simón e non foron as ondas nin a mala mar as que os levaron alí. Por iso a ría está de loito tan negra coma o Prestige.

sábado, 27 de julio de 2013

Angrois, a última curva

Todos nós fomos alguna vez a Santiago en tren. Algún de nós aínda vai de cando en vez. Por iso parte de nós quedou na última curva.Nesa que segundo a mítica lenda a todos nos agarda a Parca coa súa gadaña. Son cousas que non deberían pasar. Os trens do AVE non deberían ter que circular a 90, non deberían ter traxectos con curvas pronunciadas. Non deberían, non deberían, non deberían e veña todos a dar lecciós* Non debes falar dos mortos, non debes dicir quen son, non debes ensina-los cadáveres. Falas moito, falas pouco, céba-lo morbo ou es inhumano. Onde están os límites? A mayoría dos xornalistas que cubren ese suceso subiron alguna vez a ese tren ou a outros parecidos.Cada un deles tenta informar, se cadra contendo as bágoas, se cadra pasádose de frenada porque no barullo da traxedia non aquela ben ou porque o seu medio llelo esixe. Critícannos os mesmos que agardan no lugar do suceso o levantamento do último cadáver, por`pracer; mentres que nós imos alí por obriga porque os nosos xefes nos mandan e porque hai xente como eles: o público que ve ese tipo de contidos que nós nos vemos na obriga de facer.

viernes, 12 de agosto de 2011

Fané K brava

Isto que conto disque seica ocorreu este verán na Praia de Figueiras nas Cíes, malchamada dos Alemáns .
Disque seica unha sereia pisou unha faneca e case morre como cando a Bela Durminte se picou coa "rueca" de fiar.
Contan que aquela serea ficou dorida de vez, mareouse e caeu no chan ante o abraio dos demais. Contan que o dedo apodreceu e houbo que aisla-la serea nun hospital vigués durante unha semana ou máis.
Houbo quen pensou que aquilo non fora unha faneca, senón o monstro do Lago Ness. O doutor House local decidiu que a doenza se debía a unha bacteria chamada Acinetobacter Baumanni que segundo vin medra moi ben sobre unha especie de alga ou xelatina que se chama agar MacConkey.
Invadidos por virus e bacterias a faneca quixo te-lo seu. O cogombro tenche o seu E-collie; a vaca tivo o seu mal, as galiñas viviron a gripe aviar, e o porco tamén tivo a súa. Por que a faneca ía ser menos? Tamén ten dereito, non si?
Como en tódolos contos a sereia sandou, pero non quixo facer declaracións.

domingo, 6 de febrero de 2011

Entre San Epi e San Blas

A semana 7-14 de f deixounos historias surrealistas de seu. Unha banda de sindicalistas, mazados como "pulpos" supónse, asisten ó xantar de nadal de ce,ce, ó como ben dixera aquel gran mestre da comunicación. Si, van de xantar un 23 d e rematan na popularmente coñecida T 4 de Vigo. Un bar de putas a carón do aeroporto. Queren cobrarlles dez euros por entrar e tomar unha copiña e a eles parécelles un exceso. Por iso un deles, saca a faca, suiza e multiusos parece e aséstalles varias picadas ós porteiros; a un deles déixano ás portas do ceo, e ós dous ó día seguinte no hospital...
Foxen e non din nada sen decatárense de que foron gravados ás portas do local polas cámaras de seguridade.
O resto da historia, xa a coñecedes, estes chiños sempre zafan, sempre lle saen as falcatruadas by the face....
A xuíza do Porriño considera que uns jichiños que acoitelan a dous porteiros dun puticlub o día de noiteboa poden estar na rúa o día seguinte de seren cachados...
LUME!!!! Non teño máis que dicir.