Páginas vistas en total

miércoles, 21 de mayo de 2014

Corridito mexicano, PEMEX!!!


" Con diez floteles por banda, viento en popa a toda vela,no surca en mar ni tampoco vuela el flotel... Chegaron onte e antonte os "mariachis" de PEMEX como se fosen míster Marshall,como se fosen os reis magos, estes homes ós que lles regalamos un estaleiro a cambio de que fixesen un barco... E ándale que le andas que ían anunciar un "notición que te cagas" que pensei en cinco barcos ou dez. Pero os nosos "manitos" amenceron mal, debéuselles dar mal a noite, non lles aquelou o augardente ou as chatis que circulan por Navalia con toda a roupa "prensa". Dúas ministras agardaron por eles, o presidente, e varios conselleiros pero o "corrido" nocturno debeu ser longo e intenso e non chegaron a tempo. "Búscame ós de PEMEX "berrou o presidente ás 12.30 que xa son horas, meu Deus! E os de PEMEX, qué? Tomando o último mojito? Tarde, mal e a rastro chegaron os de PEMEX, túzaros,lentos e pesados non querían falar "ahorita" que xa "platicarían" pola tarde no consello de BARRERAS. Pero o consello de Barreras celebrouse nun xantar.Supoñemos que entre percebes e nécoras e o gran anuncio que todos agardaban non se produciu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario