martes, 14 de octubre de 2014
Ébola, por qué Vigo?
En Vigo estamos moi agradecidos de que a Xunta pensase na nosa cidade para crear??? a Unidade do Ébola. Aquí na área sanitaria máis saturada e menos dotada de Galicia,nun hospital con goteiras no que non se fixo ninguna obra.Sen ningunha contraprestación, sen investir un peso máis, sen recuar nun proxecto de hospital semiprivado.
Pensaba que tódalas grandes unidades hospitalarias de Galicia se creaban na provincia da Coruña, como as Unidades de Trasplantes que as hai na Coruña, e en Santiago. Pero o señor presidente da Xunta considera que o sitio idóneo para crear a Unidade do Ébola é en Vigo, nun recanto do país. Na cidade en que menos se potencian os vóos internacionais. Na área sanitaria co triple de listas de espera e sen investir un puto peso máis.
Xa hai quen di que o único investimento de Feijóo en Vigo foi a súa vivenda no nóo de Isaac Peral, e iso foi antes de ser presidente. Esperamos que a partir de agora non pense no sur só para implantar un foco de podremia nos hospitais máis castigados do país,ós que de cando en vez tamén acode el, e boa parte da súa familia que aínda está censada en Ourense.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario