Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Feijóo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feijóo. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de junio de 2017

O furor capilar na Xunta de Galicia

Hai semanas que estamos nun sinvivir. Os nosos políticos están " decolorados" o Feijóo deveníu hai meses en  loiro como un querubín. Bastante antes do verán, porque hai quen pensa que todo se debe á salitre e ó sal, pero non tal. Se cadra cambiou de salón de peiteado daquel de Vigo a un daCoruña, Loida quizais que parece ser o máis caqui da Coru, neno!
E qué pasa con Rueda, como no delfín semella que comparte Farmatint co  xefe, de súpeto loiro cobrizo, cando en febreiro tiña o pelo banco. Rueda tamén semella ter operado as pálpebras e se cadra o entrecello.
Será a crise dos 50? Será a recén paternidade de Feijóo? Qué sabe nadie? 🎶🎼🎼
O caso é que estes dous a partir de agora van ter moi difícil aquilo de botar unha cana ó aire!

martes, 13 de septiembre de 2016

O debate

O candidato revelación Luís Villares,optimista,empático,positivo con ganas, con propostas claras en sanidade e educación.Cun ton ilusionante baseado na súa propia experiencia: son xuíz ás veces teño que sentenciar con arranxo a leis que non me gustan, por iso quero pasar ó outro lado,quero cambiar esas leis. A anticandidata Cristina Losada, ríxida, en castelán,sen propostas claras, cun ton dubitativo e bochornoso.Comentarista habitual da prensa ultra. Leiceaga, o triste, sabedor de que non vai gañar, canso, anodino e moi deprimido, pero se cadra o mellor candidato, experto en economía, as súas propostas son interesantes pero mal transmitidas, parece un cura de vello. Ana Pontón polo BNG, propostas claras,boa rebatedora, e crítica.Discurso claro, interesante e brillante,aínda que algo repetido.Erro nefasto e barriobaixeiro ó iniciar o debate refocilándolle a Feijóo a vella foto do narco, no minuto un;como facían as vellas lerchas de antes: non che quero dicir nada da túa neta, pero xa cho dixen.Non quixen traerlle aquí a foto con Dorado, pero aí queda...na radio xa valeu, esta política cutre das insinuacións.Denuncia, critica e censura, pero non insinúes é moi baixo Pontón. E Feijóo, qué dicir de Feijóo? Abraiado porque lle corten a palabra na súa tele, nervioso, dubidoso para o que é el; aínda que se soubo defender,xa sabe que vai gañar.Pero hai tempo que perdeu tono e non parece estar no seu mellor momento político,aínda non nos soubo explicar se quere ou non quere irse a Madrid.Moi nervioso e vacilante falando da política demográfica,pensaba se cadra no Feixoliño que vén, que non vai ter praza na Galiña Azul porque as nóminas son avultadas, pensará qué carallo vai facer coa caixa absurda que a Xunta regala ós bebés? Ou estará pensando xa cómo vai ser o cuarto do bebé de Zara Home ou de Zara Kids?

viernes, 4 de septiembre de 2015

Un goberno autista

Máis de cen mil persoas saíron onte á rúa para protestaren polo novo hospital de Vigo. E Feijóo mira para outro lado e non pensa reaccionar. Fungos,falta de limpeza, comida conxelada, paredes de Pladur a caer, tubaxes a rebentar tódolos días. Ratos de paseo polo corredor. Ambulancias de ida e volta, viais escasos e catastróficos accesos. Mala xestión do médico e dos outros servizos.100.000 persoas non poden estar manipuladas nin equivicadas. Probablemente esa empresa propietaria do edificio precisaría unha seria recinvención ou wue lles quiten a concesión. Ou é que son máis amigos que os usuarios. A quén defende o noso goberno a nós ou a esa empresa? A quén tapa? Qué lles deben? Por qué desvalixan toda a sanidade de Vigo para abrir ese aborto? Hai quen pensa que o pobre Cunqueiro non merece que lle desen o seu nome a ese hospital, pero eu penso que sí.Non é todo o que ocorre alí incribe e puro realismo máxico? Sobre todo as pantasmas que o dirixen!!!

martes, 14 de octubre de 2014

Ébola, por qué Vigo?

En Vigo estamos moi agradecidos de que a Xunta pensase na nosa cidade para crear??? a Unidade do Ébola. Aquí na área sanitaria máis saturada e menos dotada de Galicia,nun hospital con goteiras no que non se fixo ninguna obra.Sen ningunha contraprestación, sen investir un peso máis, sen recuar nun proxecto de hospital semiprivado. Pensaba que tódalas grandes unidades hospitalarias de Galicia se creaban na provincia da Coruña, como as Unidades de Trasplantes que as hai na Coruña, e en Santiago. Pero o señor presidente da Xunta considera que o sitio idóneo para crear a Unidade do Ébola é en Vigo, nun recanto do país. Na cidade en que menos se potencian os vóos internacionais. Na área sanitaria co triple de listas de espera e sen investir un puto peso máis. Xa hai quen di que o único investimento de Feijóo en Vigo foi a súa vivenda no nóo de Isaac Peral, e iso foi antes de ser presidente. Esperamos que a partir de agora non pense no sur só para implantar un foco de podremia nos hospitais máis castigados do país,ós que de cando en vez tamén acode el, e boa parte da súa familia que aínda está censada en Ourense.

domingo, 2 de febrero de 2014

A vida viguesa de Núñez Feijóo

Cando Núñez Feijóo tivo que volver a Galicia apostou por Vigo, cando pensou nunha segunda residencia tamén pensou na ría. Cando decide ser unha persoa anónima tamén lle mana un café na Belén, vai de footing ( running? ;?), á Guía ou cando cea na Trastienda del Cuatro. Tamén o vemos nas rebaixas, aínda que sexan as de Purificación García. Sabemos que a súa familia vive aquí. Antes tamén ía ó cinema os domingos ó Centro Comercial Travesía. Mágoa que todo isto de nada sirva para que mire un pouco pola nosa cidade.Se cadra o próximo presidente da Xunta xa non quererá vivir aquí, porque xa non nos quedará nada!

miércoles, 3 de abril de 2013

Feijóo, rubio de batea?

Seica non se pode chegar á Moncloa en planadoira, nen sequera seguindo os ronseis dos barcos e as ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E parece que hai que non perde a Esperanza de monclovita ser. E así se atopa Feijóo entre "la chini y la rayi". Hai tempo que non me parecen nin medio normais as cousas que ocorren no norte da miña provincia,nin que o capo do partido fose man dereita dun coñecido contrabandista e alcalde que no cárcere está. Non é normal andar de francachela e de viaxe con xente que vive facendo funimbulismo enriba da raia. Aquí nada é normal. Había neve, equivoqueime non volverá ocorrer,xa parece unha absurda cantilena. E que antigos son; que nós temos agora esas fotos e chimpámolas begining now no feisbuck ou no twitter ou no myspace; pero non está xente da vella escola garda as fotos no caixón. En xornalismo dicimos facer neveira cando falamos de deixar noticias enlatadas para eses días de ponte nos que pode non ocorrer nada, pero isto non é neveira, isto é conxelación, que as fotos teñen dezaoito anos, son maiores de idade e case case poderían votar. E esas viaxes ós Chutes de Europa ou a Andorra e esa cazadora de leñador do amigo Feijóo? "Marcial eres el más grande". E pensamos todos, nós non temos fotos con narcos ou si? Se cadra quedaron na barra do Pingus...

domingo, 14 de marzo de 2010

Un goberno travesti

Todo comezou cando Feijóo foi ó entroido de Verín e vestiuse de: "guayabo", de "guajiro", de "chamaco", eu que sei; el abriu a espita, prendeu a mecha, marcou o camiño, a folla de ruta que din agora os horteras....
E a gran festa da camuflaxe comenzou, no día da muller Javier Guerra vístese como para ir na caravana do orgullo e a compañeira de Feijóo disfrázase de beata para ir ve-lo Papa, mágoa que non lle pedira a peineta a Aznar...
Se facemos un flash back perderon varias ocasións: vestirse de peliqueiros en Laza ou de Cigarróns en Verín,Pantallas en Xinzo, Madamas en Aldán, de Colón na Arribada, e de Pastorciños en Nadal. Que non se preocupen aínda quedan oportunidades de travestirse: a Reconquista de Vigo, os capirotes da Semana Santa ou de Pantasmas na próxima secuela de Ghost...
O caso é que hai quen di que os disfraces só serven para despistarnos do guión que segue este goberno que non acaba de coller o timón.