Vistas de página en total

lunes, 9 de mayo de 2016

Guerra de cervexas en Galicia

Seica o que non consiguen o Celta e o Depor e o PP e o BNG vaino conseguir a guerra de cervexas en Galicia.Case, case como a Pepsi e a Coca-Cola. Mahou intenta entrar en Galicia, incrementar mercado? Parece que non, hai quen di, que escoitou,que outro lle dixo que o que quere Mahou e foder a Estrella Galicia que avanza imparable pola meseta e polo Sur; territorios Mahou e Cruz Campo por excelencia. Mahou na voz de Nerea Barros convida a maridar unha empanada de xoubas coa cervexa de Madrí. E qué pasa coa Voll Damm? Que se apunta á guerra tamén con dous primeiros espadas:Luís Tosar e Luís Zahera, Petróleo que non sei se serán quen de volver a Galicia sen recibir unhas hostias daqueles para os que Estrella Galicia é unha relixión.Pois xa saben: isto é como a Reconquista Española, Reino de Taifas? Ou de cañas?

2 comentarios:

  1. A min na Casa de Arriba, que levan Mahou, dixéronme que os de Estrella Galicia son chungos. Como que chulean. A competencia é boa. XD

    ResponderEliminar
  2. A Casa de Arriba, un bar ben riquiño, se cho dixeron alí é que é certo!!😃

    ResponderEliminar