Páginas vistas en total

lunes, 6 de junio de 2016

Vidago Palace!

Hoxe presentouse na sede portuense da RTP, unha nova serie da galega en fase de preprodución. É a primeira serie coproducida entre CRTVG e a RTP. Dacabalo entre "Gran Hotel" ou " O tempo entre costuras"a nova serie de seis capítulos comezaráse gravar en outono no Hotel de Vidago. Ambientada en 1936 cunha España en guerra, o hotel portugués servirá de pano de fondo de teatro de operacións, para narrar un tempo político, co Portugal de Salazar e cómo non unha gran historia de amor imposible e desigual. É a historia do Pedro e da Carlota que comezan un " namoro imposibel" por mor das diferenzas sociais.Producida ademais de polas canles, tamén pola galega Portocabo e a portuguesa Hop a nosa serie que aínda busca protagonistas xa se vendeu en Italia, Polonia e á Produtora Lagardère. Nas nosas pantallas poderáse ver a partir xa de 2017.

2 comentarios: