Vistas de página en total

jueves, 1 de febrero de 2018

CSI Alboios



Polo meu traballo estoume covertindo nunha especialista en incendios en alboios. Un tipo de suceso moi habitual na nosa bisbarra.
 Salceda de Caselas é o concello onde hai máis, debe haber un veciño con certa discapacidade que pasa o seu tempo libre con esta cruel diversión.
Ás veces coas lapas vaise tamén ademais da madeira, e a palla, un can unha galiña ou un coello.Paréceme desmesurado cubrir tantos incendios, pero éche o que hai. Case podería facer unha app ou un mapeo con todos os alpendres da provincia e as insospeitadas cousas que a xente garda neles. Tamén as súas tipoloxías: exentos ou non, e os materiais construtivos de refugallo, da liña do "somierismo" do "uralitismo", do bloque, do cotegrán ou de azulexo-mix, cemento ou de formigón...
Eses baixos cuberta que ás veces agochan un tractor, un chimpín, unha máquina de sulfatar e case un concesionario todo. Eses depósitos de gasóil, esas patacas, ese millo ou esas ouvellas.
Agora todos eses están baixo a mirada de Facenda e do google maps.Queren cobrarlles o IBI. E iso podería ser a fin dos nosos alboios, alpendres, cobertos, pendellos, galpóns, cobertizos e mesmo dos hórreos e canastros. Galicia chega á súa fin.

1 comentario: