Vilaboa, Pontevedra, 6.000 habitantes.Leva anos intentando aprobar un plan xeral que daría acubillo as edificacións ilegais preto da costa que non cumpren a lei de costas. Polo de agora non é un concello saturado.
Pero a Xunta dá para atrás sempre cada redacción do plan urbanístico, que se os canastros, que se a conexión da auga, que se os servizos. Unha das empresas contratadas polo Concello xa desistíu desesperada. Tiveron que contratar outra.
Hai quen pensa que a Xunta non quere aprobar o PXOM, porque o Concello é do PSOE.
A Axencia de Proteción da Legalidade Urbanística, a APLU semella ter présa en comezar a tirar vivendas alí. A primeira é de Enrique, en Santa Cristina de Cobres. Herdou o predio do seu avó e segundo di cando el construíu a casa o Concello díxolle que sí e Costas e Xunta pelexaban polas competencias. Así que Enrique e a súa daquela muller tiraron para adiante. Cando as administracións se puxeron de acordo a casa estaba feita e alguén lle dixo que era ilegal.
En Vilaboa pregúntanse por qué non se actúa con tanta celeridá* contra a urbanización de Raeiros no Grove que tamén é ilegal e que ademais non é vivenda habitual, pero alí semella que ninguén ten présa, non se sabe moi ben por qué.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario