Patio das Laranxeiras.
Claustro de Oia
Celas dos monxes primeiro e dos presos republicanos durante o franquismo.
Este é o Mosteiro Santa María de Oia entre Baiona e A Guarda desde esta semana santa pódese visitar por cinco euros con guía en inglés, galego e castelán, reservando na web: :mosteirodeoia.com. Semella que comeza una nova etapa neste cenobio que desde o século XII aguantou ataques berberiscos, o terremoto de Lisboa e un tsunami local ó mesmo tempo, do que só se salvou grazas ás artes construtivas do Císter. É o único mosteiro cisterciense pegado ó océano atlántico. Cando se construíu gozou dun dos tres peiraos fortificados de Galicia: coa Coruña,e Baiona.
Por aquí pasaron as tropas de Napoleón e tamén moitos nobres europeos que facían o camino portugués pola costa. Nos mellores tempos chegou a ter cento vinte monxes, tamén tivo só dezaoito e chegou a acoller a tres mil presos políticos cando foi campo de concentración franquista. O seus monxes foron artilleiros e tiñan una gran botica con moitas especies que recollían da súa propia horta. Algunha especie de fento curativo que agora campa xigante polos montes da zona trouxérono de Australia tiñan gran poder cicatrizante. Alí tamén se cultivou planetaria contra a gripe.Algún espectador avezado aínda as pode descubrir.
No mosteiro tamén se vivíu a revolta irmandiña.
Os monxes foron pioneiros na cría de cabalos de monte e nos primeiros curros grazas a un privilexio dado polo rei.
Moitos destes capítulos da súa historia están documentados nos libros que apareceron na súa biblioteca en Códices e Tumbos ou mesmo libros de receitas repartidos por bibliotecas e museos de toda España.
É unha construcción románica con fachada barroca.Nos peores tempos sufríu incendios e expolios, moitas das súas pedras foron roubadas e algunas mesmo con inscricións campan nas cortes ou nas casas dalgúns veciños.
Do tempo franquista aquí houbo presos cataláns, mallorquíns e asturianos, non foi dos peores campos porque disque aquí non se asasinaba a ninguén aínda que algún viron a tortura da gota malaia. Os presos daquel tempo deixaron a súa pegada nos vellos muros de xeso. Son debuxos de calendarios, de comida, ou dos avións da Lexión Cóndor da guerra do 36, a primeira vez que a aviación participaba nunha confrontación bélica en España. Todos eses debuxos vanse conservar grazas á sensibilidade e delicadeza da nova propiedade: os propietarios da consignataria Vasco Gallega.
Este verán vaise abrir para concertos e eventos. A reconstrucción do vello cenobio está paralizada. O concello só quere permitir 38 cuartos e as obras requiren un investimento de once millóns de eurso.
A propiedade quere que lle permitan facer setenta e oito cuartos e un pequeno talaso, e vinte vivendas no perímetro na zona da Riña.O proxecto global suporía un inestimento en Oia de vinte e nove millóns de euros. Mentres non hai acordo o mosteiro xace deitado fronte ó mar como una balea ferida. Decidan vostedes qué facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario