Vistas de página en total

miércoles, 16 de septiembre de 2020

Iturmendi

Cada vez que vou a Iturmendi( veterana, profesionalísima e barata) ferretería viguesa con encargas de meu pai paso a mesma vergonza que cando ía á favorita cos recados da miña avoa: " metro e medio de goma faixa"... Ah ves cun pedido da túa avoa! E hoxe foi o día qu fun a por unhas porcas de parafuso para un transitor do Compay. Atendeume o veterano e díxome que non había para un parafuso tan raro, eu díxenlle que me dera dúas parecidas para que o Compay estivera entretido un anaco, logo miroume o transistor e díxome, isto igual o aquelas cunha brida. Buscouna nun andel colocouna no parafuso non sen certo esforzo; e logo por preguntar díxenlle se tiña un termo dos de antes con corazón de cristal. Sacoume un termo vermello dun litro quizáis que valía oito euros. Non me cobrou nada máis!!!

2 comentarios:

  1. Escribes en galego, pero parte do texto sóame a chino. Eu tería que ir con todo ben anotadiño.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Qué non entendes? Parafuso=tornillo; porca=tuerca

    ResponderEliminar