sábado, 31 de octubre de 2020
A nosa viúva negra... Ponte Caldelas
Hai mulleres que prefiren ser viúvas que divorciadas. Dicíame aquel avogado requintado de Pontevedra. Eu pensei nos cartos, as mulleres sempre matamos por cartos, os homes fano por posesión.
Pero o avogado dicía que non, que non ía matalo por un mísero piso. Este señor non nos coñece ben; aquí mátase por medio fento, ou medio carballo e xa non falo dos marcos que iso son palabras maiores. Falaba do estigma, que segundo el, é ser divorciada nunha localidade pequena, que ten máis prestixio ser viúva... que llo pregunten a Mainat...
A viúva negra de Patraix ten o veredito quente: culpable de asasinato. O asasino material de Patraix empregou as chaves que Maje lle deixou. En Ponte Caldelas supostamente a nosa viúva negra tamén lle deixou as chaves ó amante inicialmente para que lle dese un susto ó seu home.
Sandra M.A. a nosa viúva local tamén é enfermeira nun hospital: en Montecelo. Tampouco amosou gran disgusto ou preocupación pola morte de seu home. Malia recibir fotos do friame fresco no seu wasap. Tan pouca como Maje que disque só chorou ó escoitar o veredito de inculpación.
Porén a nosa viúva negra polo de agora foi branqueada pola xustiza polo de agora a Audiencia de Pontevedra NON A CONSIDEROU RESPONSABLE DO ASASINATO DE SEU HOME.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario