Volves de marcha á túa casa de Nigrán ás 6.30 do domingo. Vas mazado como un polbo e enfariñado como un calamar supostamente.
Vas sí supermegaguai cos teus chinos de marca e a túa chupa Helly Hansen, a bordo do teu little Mercedes ese coche que te blinda a ti, un vehículo en que case ninguém morre; non como os Peugotiños cos que bates dos que veñen de traballar nos polígonos; porque sabes hai xente que traballa os sábados e os domingos e ten peor coche ca ti.
Claro que eles malia o sono non se meten en contrasentido facendo zigzags e en xeral non “ se meten” coma ti.
Unha noite na cela non te fixo mal, mágoa que te soltasen tan cedo; claro que si está ceibe o de Salceda que matou tres persoas xa sabemos qué vai ser de ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario