jueves, 21 de agosto de 2025
Buscamos un colexio para Iker
Iker é un rapaz de 12 anos con dislexia e TDHA que estuda nun centro de ensino da bisbarra de Vigo. É animoso, gústalle o fútbol, mesmo é bo, coido que tamén toca un instrumento musical.
Pero ten a mala sorte de que nos centros en que estivo non conta un educador específico ou un orientador para canalizar a súa problemática e que poda seguir as clases como os demais.
É algo que recolle a lei. Parece que non é unha excepción este centro, a mediados de xullo dimitía en pleno todo o equipo directivo do IES de Valadares e Vigo esgotado pola falta de persoal para atender alumnos con necesidades específicas.Non se vían capacitados sen axuda para levar a cabo a inclusión que hoxe en día recolle a lei e que calquera persoa sensible debería entender.
Todos deberiamos ter en conta que hai nenos distintos e hai que tratalos con tacto e certa comprensión e agarimo, cousa que non está a ocorrer no caso de Iker que é un neno con potencial se se trata axeitadamente e que xa esta a sufrir a falta de sensibilidade dalgún director e profesor. Non se pode reñir e facer de menos a un rapaz con diversidade porque se lle fai moito dano. Coido que son rapaces cunha sensibilidade especial que poden chegar moi lonxe se se lles trata ben; pero como todos xeran problemas emocionais ou traumas se se lles trata mal, se lles rifa diante dos demais ou se lles colle malamente do brazo(parece que non esteamos no século XXI).
Agora a Iker déronlle praza nun complexo educativo onde xa estivo e tivo problemas e ten pesadelos con volver alí.
Tan difícil é para a educación galega, a administración e as persoas que educan ós nosos fillos cumprir a lei e ter certa sensibilidade para tentar canalizar as aptitudes dun rapaz con potencial, malia o seu TDAH e dislexia; tal e como se ve con toda a estimulación e traballo pedagóxico e psicolóxico que fan os seus pais.
Isto é o máis importante da volta ó cole, que os nenos sexan felices e vexan atendidas as súas necesidades no centros.Penso que non pedimos de máis.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario