Vistas de página en total

miércoles, 13 de agosto de 2025

Hai centenarios ós que apenas facemos caso.

* Con información do arqueólogo e investigador local: ALBERTE REBOREDA.
O quince deste mes de agosto cumpre cen anos a escultura que Francisco Asorey realizou para o concello de Mondariz en homenaxe ao facultativo e alcalde da vila: Maximino Rodríguez Fornos. Un tocólogo e xinecólogo natural moi aprezado polas súas pacientes. Tanto que por atender unha de balde, que estaba enferma acabou morrendo por unha infección aos 69 anos. No concello nunca o esqueceron. Converténdose nun mártir popular. Non só era un home de ciencia, tamén como tantos pulou porque o concello tivese tranvía de conexión con Vigo canda os irmáns Peinador. Por iso encargaron esta escultura pagada por suscrición popular. O monumento que cumpre estes días un século foi realizado polo xenial cambadés Francisco Asorey un dos mellores escultores do seu tempo. Para celebrar esta efemérede a vila de Mondariz acolle estes días a exposición intinerante que recolle varias obras do escultor e que pasou xa por varias localidades galegas. A inauguración hai cen anos suscitou gran expectación mediática sendo portada mesmo do ABC.
A ver se agora cen anos despois os logros daqueles homes volven ás portadas, informativos e programas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario