Vistas de página en total

domingo, 17 de mayo de 2026

Begoña, pasei por ti e non te mirei…

... tiven moi preto a Xela Arias e non lle dei importancia. Seguro que algunha cadrei con Begoña Caamaño se cadra cando se fundou o Colexio de Xornalistas en Compostela alá polos noventa pero tampouco reparei nela. Que saibas Begoña que moitos dos que te pregonan non leron os teus libros; eu tampouco, tentarei facelo. Dábanme medo porque pensei que serían demasiado elitistas para min. Alguén me dixo que non que o de Circe mola moito; queda apuntado! Agora sei que vinte anos despois compartimos micro azul ese que percorr Galicia toda. Se cadra ti estarías na Porta do Sol aínda con Queca Merino, Rosa Martínez e Roser Carrera. Cando eu empecei a traballar na tele xa estaba na Gran Vía. Din de ti que eras simpatiquísima, culta e reivindicativa. Se cadra contigo no comité non nos farían a "pirula" esta multitasking. Que non sabes se estás na radio, na tele ou na web Quédanos o teu ronsel para seguir por estas rúas de Vigo que tanto camiñaches; os tempos non son chegados nin chegarán...abofé que non!! E o que máis vertixe me dá é que tras de vós quedamos nós os dos últimos 60 e primeiros 70. Tentaremos estar á altura pero semella difícil. Ás veces bromeo con Teresa Comesaña que che coñeceu en Noroeste e na Galega, temos que espabilarmos agora xa nos cincuenta e aquelar un Letras Galegas ou un Viguesas Distinguidas, son brincadeiras nosas.O reto está moi lonxe de nós!! Parabéns compañeira!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario