viernes, 16 de octubre de 2026
Caeu a casa de Isabel Miranda
As casas son máis que casas. Son os espazos en que vivimos, somos felices ou non. Personalizamos coas nosas cousas, gardamos as dos nosos devanceiros e están cheas dos nosos recordos e historias.
E onte caeu, o terceiro andar da casa en que vivíu de nena Isabel Miranda, unha amiga da miña nai.
Alí xogaban, alí deberon instalarse os seus pais logo de casar digamos en 1920 aprox. Alí deberon recibir a creba da súa empresa madereira. Tamén cando a filla pequena agora xubilada foi detida wn tempos de Franco por repartir pasquíns do partido comunista na rúa do Príncipe ou no Preguntoiro.
Qué ben se vivía con Franco eh?
Seu pai que tiña contactos debeu chamar ó gobernador civil o similar e a ela deixárona libre, non ó seu daquela mozo que coido que acabou sendo o seu home.
Cando morreu seu pai e fun canda a miña nai, de visita a aquel casa, aínda non había tanatorios, e alí estaba o cadáver do bo do home no cadaleito co seu chapeu.
Coido que foi o primeiro cadáver que eu vin. A súa viúva contaba desolada que o día anterior estaba tranquilamente vendo os touros na televisión.
Coido que logo vivíu alí a tía Nanci, aquela tía solteira que adoitaba haber en todas as familias e que non sei por qué acabou traballando con Fernández del Riego na Fundación Penzol.
Todos eles morreron,bo non todos, a casa era de alugueiro, non sei quen era o propietario. Sei que tamén houbo okupas e incendios.
E a amiga da miña nai casou supoño que nos 60 cun señor de Valencia e fóronse para alá.
Miña nai mandáballe cartas, contáballe todo o que pasaba en Vigo ata que un día a chamou seu home, penso que non foi por mal.
Por favor María Victoria non lle mandes ningunha carta máis,que morre coa pena. Eles seguen estando vivos alá na localidade castellonense onde residen.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario