Hai preto de vinte anos fixen unhas entrevistas biográficas para a desconexión local. Daquela entrevistei a xente moi coñecida de Vigo tipo: Fernández Alvariño, Delfina Cendón, Manuel Bragado ou Alberto Durán ou María do Carmo Kruckemberg. A outros entrevistámolos cando vigueses distinguidos como a Macamen Blanco. Sempre nos daban boas historias. Un deles pasou toda entrevista gabando á súa exmuller que aquilo me pareceu: “ Lo que necesitas es amor” .Estiven a piques de lle dicir: chámaa, non mo contes a min...
Preguntáballes a todos pola súa infancia, a qué lles gostaba colgar, qué afeccións tiñan e sobre fitos importantes das súas vidas. Déronme moitos titulares marabillosos e deliciosas anécdotas cos seus fillos, mulleres ou maridos ou das súas empresas. Ás veces tanta información non me cabía nos vídeos.
Poucos se me resistiron, se cadra Gayoso e tamén Queizán.
A Queizán escoiteina horrorizada do outro lado do teléfono, como quen rexeitaba profundamente que alguén andase fozando na súa vida, como se houbese algo que quixera protexer.
Grazas a Deus os tempos mudaron e agora o feminismo é moda e tendenza.
Agora Queizán acaba de publicar unha biografía que semella brutalmente sincera e que non deixa títere con cabeza.
Os anos fannos máis ousados e Queizán non sei se se decatou que con esta biografía seguirá sendo unha outsider do sistema.
Ademais da súa peripecia persoal digna dunha ou dúas novelas, afronta o seu compromiso político na clandestinidade, o seu galeguismo, a fundación da UPG, o seu compromiso co feminismo e as súas relacións e a súa evolución sentimental, sexual e afectiva.
Na obra deixa moi tocados a Xosé Luís Méndez Ferrín é a Carlos Casares ou Arcadio López Casanova.
Méndez Ferrín foi seu home e pai dos seus dous fillos. Con el compartíu momentos importantes da súa vida e nas páxinas parece quedar “ tocada” pola separación e a teima del ou da súa sogra en obter a nulidade eclesiástica.
Fala daqueles costumes sociais galegos sobre todo de Vigo, Lugo ou Compostela.Dá un repaso polo miúdo do noso último século.
Os vigueses que coma min campan de ter tres xeracións de devanceiros afincados na cidade gozarán coas personaxes dos que todos escoitamos falar nas casas: do profesorado do Santa Irene: de Rufo o matemático, da profesora Ambroj, de Ceruelo que segundo escoitei na miña casa tiña unha frase habitual: “ siascaso les pongo un cero”.Os máis recentes como Leónides de Carlos.
Do ambiente opresivo de Cluny naqueles anos.
Recomendo vivamente a biografía aínda que non sei se pensarán o mesmo todos os que saen nela.
A mère Imelda de Cluny e mil personaxes máis deste o noso Vigo que moitos coñecerán. Tamén de Galicia: Paco del Riego, os Beiras: Xosé Manuel e Antía Cal, os Cáccamo, os Álvarez Gándara.
A obra podería ser o noso: “ Cuentamé” xa que Queizán coñeceu a todo “ quén e quén” desta nosa Galicia, e penso que non deixa nada no tinteiro, mesmo fala de máis.
Mostrando entradas con la etiqueta “ Vivir a galope”. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta “ Vivir a galope”. Mostrar todas las entradas
miércoles, 26 de diciembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)