Mostrando entradas con la etiqueta A nosa xente:.Xosé Magariños de Salvaterra.Gobernichos.CSI alboios.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa xente:.Xosé Magariños de Salvaterra.Gobernichos.CSI alboios.. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de enero de 2018
A nosa xente
Este é Xosé Magariños.80 anos.Coida que lle acaban de queimar o alboio.Nel garda a unha ducia de ovellas unha manchea de apeiros e outros “apetrellos”.Tamén tiña unha cama para botar a soneca e un conxelador onde tiña comida abonda para un mes. Logo vai durmir á casa.
Estamos en Fornelos de Salvaterra, no barrio de Sáa.
Magariños hux*non parece un dandy, co seu xerxei de furados e as unllas cheas de terra,pero se cadra o foi. Estivo anos na Gran Bretaña en Essex e tamén en Londres porque traballou ó servizo da Raíña Isabel á que algo tratou, organizando convites e en cuestións de hostalería en xeral,non tratou a Carlos nin a Lady Di.E tamén traballou no “parlament” inglés.
Tivo seis fillos: tres son ingleses e tres españois. Un deles traballa de veterinario en EEUU.
Un par de anos colaborou con Scotland Yard. Daquela aprendeu algúns trucos para collelos nas patacas. Di que o vai facer co que lle queimou o alpendre.Sei técnicas que aquí non se fan, para collelo “in fragancia” ou como se diga.
España é un país “idiótico” aquí non se investiga ben. Por iso non quixo denunciar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)