Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de octubre de 2014

Yayo Quesada, unha expo con making off

Poucas persoas levan en sangue tantos leucocitis artísticos como Yayo Quesada Legido.Poucas estirpes hai en Galicia como os Quesada, se cadra os Álvarez Blázquez. Afundación de Vigo acolle no Centro Social a expo que Yayo Quesada inaugurou hoxe.Nado en Vigo no 75 como corresponde a un bo fillo de ourensán, Yayo expón en Vigo logo de dez anos de ausencia".Última obra"çhámase a mostra integrada por obras de gran formato.Na mostra podemos ver calquera dos nosos paraísos cotiáns:as Cíes, as Estelas, Monteferro... Yayo percorreu España, Berlín ou Dublín e recalou aquí.O seu amigo Javier Collazo fixo un seguemento do seu labor creador, un making off da súa exposición.

sábado, 5 de octubre de 2013

De Goián a Antícoli: Antonio Fernández; in memoriam

Algo pasa en Goián cando está inzado de pintores, escritores e artistas. Se cadra é a súa doce paisaxe arraiana ou o espello do Miño que o separa da terra de Cerveira. Un dos seus máis insignes pintores recibe estes días homenaxe do concello e das asociación culturais do lugar. Ata o vinte de outubro pódese ver no delicioso Centro Goianés ( que en dous anos cumplirá un século de vida) unha escolma da obra deste pintor amante da paisaxe e mentor do tamén goianés, Xabier Pousa. Nado en 1882 na vila Tomiñesa e finado tamén alá no 1970, Fernández deixou como os grandes fonda pegada nese lugar en que naceu. Contemporáneo de Benlliure e Sotomayor; Antonio viviu en París, Brasil e Italia. Os museos de Castrelos, e Fundacións como a María José Jove e a Xabier Pousa cederon obra para que a mostra fose posible. A exposición remata o vinte, pouco tempo é; pero durante doce meses Goián renderálle homenaxe ó pintor que tan ben a soubo retratar.