Mostrando entradas con la etiqueta Goián. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Goián. Mostrar todas las entradas
sábado, 5 de octubre de 2013
De Goián a Antícoli: Antonio Fernández; in memoriam
Algo pasa en Goián cando está inzado de pintores, escritores e artistas. Se cadra é a súa doce paisaxe arraiana ou o espello do Miño que o separa da terra de Cerveira.
Un dos seus máis insignes pintores recibe estes días homenaxe do concello e das asociación culturais do lugar.
Ata o vinte de outubro pódese ver no delicioso Centro Goianés ( que en dous anos cumplirá un século de vida) unha escolma da obra deste pintor amante da paisaxe e mentor do tamén goianés, Xabier Pousa.
Nado en 1882 na vila Tomiñesa e finado tamén alá no 1970, Fernández deixou como os grandes fonda pegada nese lugar en que naceu.
Contemporáneo de Benlliure e Sotomayor; Antonio viviu en París, Brasil e Italia.
Os museos de Castrelos, e Fundacións como a María José Jove e a Xabier Pousa cederon obra para que a mostra fose posible.
A exposición remata o vinte, pouco tempo é; pero durante doce meses Goián renderálle homenaxe ó pintor que tan ben a soubo retratar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)