Hai herdanzas abraiantes. Estou empezando a aborrecer o polbo. Eu con alomenos dous apelidos galegos, que traballo nunha empresa guardiá das esenzas do noso país que tamén se apelida así: galega.
E despois de mil tapas, mil táperwears levados a casa e mercados na rúa, estou empezando a odiar o polbo: o noso animal totémico canda a vaca.
O que máis me inqueda é que á miña nai lle pasou igual. Se cadra tiña a miña idá*. Nunca a vin tomar polbo. Odiábao, eu nunca a entendín ata agora claro. Boteillo á cara mil veces, non o podía entender, e ela dicíame con suma paciencia cada vez : aborrecín o polbo de tanto tomalo coa miña colega Marité. Logo de percorrer mil festas este verán e quedar cos pés pegados en paseos, torreiros e alamedas do prebe do polbo e aturar o persistente olor do día despois... en setembro de 2019 estou en disposición de dicir que estou empezando a odiar o polbo como fixo a miña nai.
Ese animal de oito patas que tan famosos nos fixo e que podemos atopar en case calquera bar do mundo: Galician Octpus, Octopus to the party e demais ;igual que os nosos green chili 🌶 padrón peppers.
Ai qué maliña é a idá*!
Mostrando entradas con la etiqueta As miñas neuras. Confesións. Polbo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As miñas neuras. Confesións. Polbo. Mostrar todas las entradas
domingo, 22 de septiembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)