Vistas de página en total

domingo, 22 de septiembre de 2019

Segredos inconfesables

Hai herdanzas abraiantes. Estou empezando a aborrecer o polbo. Eu con alomenos dous apelidos galegos, que traballo nunha empresa guardiá das esenzas do noso país que tamén se apelida así: galega.
E despois de mil tapas, mil táperwears levados a casa e mercados na rúa, estou empezando a odiar o polbo: o noso animal totémico canda a vaca.
O que máis me inqueda é que á miña nai lle pasou igual. Se cadra tiña a miña idá*. Nunca a vin tomar polbo. Odiábao, eu nunca a entendín ata agora claro. Boteillo á cara mil veces, non o podía entender, e ela dicíame con suma paciencia cada vez : aborrecín  o polbo de tanto tomalo coa miña colega Marité. Logo de percorrer mil festas este verán e quedar cos pés pegados en paseos, torreiros e alamedas do prebe do polbo e aturar o persistente olor do día despois... en setembro de 2019 estou en disposición de dicir que estou empezando a odiar o polbo  como fixo a miña nai.
Ese animal de oito patas que tan famosos nos fixo e que podemos atopar en case calquera bar do mundo: Galician Octpus, Octopus to the party e demais ;igual que os nosos green chili 🌶 padrón peppers.
Ai qué maliña é a idá*!

1 comentario:

  1. Máis que cousa da idade sería consecuencia do abuso, non sí? Pode ser herdado, é certo, pero dame a min que si pasas unha boa tempada sen comelo, pode que che volva a gustar.

    Eu creo que teño mais idade ca ti e adoezo por comer polbo. Tamén pode ser que como estou a mais de 11.000 kilómetros e aquí non o fan como ahí...
    Os que o van a odiar son os meus amigos, que cando vou casi non quero comer outra cousa.

    Bicos

    ResponderEliminar