Aquí temos a Juan o Latoneiro coñecino onte no tanatorio accidental de Cambados. Ten máis de oitenta anos e moitas ganas de falar. Andou todos os mares do mundo , aínda que non mos especificou. Encántame falar con vellos mariñeiros que me contan as historias do Gran Sol, das Svalbard, ou da Illa Reunión, os seus naufraxios e os seus golpes de mar.
Latoneiro díxome que estivo embarcado nun barco de Onassis, supoño que un vello petroleiro grego.
Tiveran unha avaría moi grave en alta mar e el aínda non sabe moi ben cómo a amañou. O grego que aforrara moitos cartos con aquela reparación quedoulle eternamente agradecido e foi coñecelo en persoa a Bilbao. Dixo que o tratou moi ben e penso que o compensou dalgunha maneira pero xa non puidemos falar máis.
Mostrando entradas con la etiqueta Cambados.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cambados.. Mostrar todas las entradas
viernes, 21 de diciembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)