Mostrando entradas con la etiqueta Librería Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Librería Vigo. Mostrar todas las entradas
sábado, 10 de diciembre de 2016
O Vigo que resiste
Tralas rúas principais, esas polas que pasamos tódolos días, mesmo varias veces;hai pequenas rúas que non se dan importancia pero están aí.Nelas permanece "encapsulada" parte da nosa historia, da nosa memoria sentimental.E aí están a rúa Joaquín Loriga e a parte menos transitada da rúa Ecuador.
Alí está aínda!!a mítica Librería Vigo, con bonito nombre, é xa a librería máis antiga de Vigo trala desaparición de Cervantes; pensei que desaparecera, pero velaí está tan rufa como sempre cun magnífico escaparate, noviño do trinque e unha atención marabillosa. Con eses libros de Alianza Editorial, tan do noso BUP e do noso COU deliciosamente colocados en andeis, en sana convivencia coas novidades editoriais: o último de Zafón, o troquelado de Frida Kahlo ou os contos para bebés de Pat Skinner en inglés ou outra literatura infantil. A verdade, dá gusto entrar alí, só comparable a Librouro aínda que esta máis pequena ten un encanto maior. Oxalá lle reste longa vida!
E tamén alí en Loriga queda aínda Nubur, a nosa fábrica de caramelos, esa que nos fixo tan felices a tódolos nenos de Vigo nos oitenta.Alí está como sempre con seus clientes e as súas lambetadas, como una estampa fixa de nadal.
E menos coñecido por todos nós é o convento das Irmás Trinitarias da rúa Ecuador, a súa torre campa silandeira nesa rúa desde hai cen anos que se cumpren estes días.
Igual son sitios que todos coñecedes e que vos so habituais, pero a min que apenas paso por alí, ocasionáronme unha doce regresión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)