Mostrando entradas con la etiqueta Perdidas nas Cíes. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de septiembre de 2013
Primeira treboada nas Cíes, webculebrón
Maruja chega ó set de gravación e abre a fiestra sen preguntar a ninguén se lles importaba que o fixese.
O vento zoa, a primeira treboada xa está aquí.Pero Maruja non ten frío, senta nunha cadeira e deita a súa chaqueta sobre o respaldo. Pija acode presta a revira-la chaqueta e ver de que marca é, tamén toca de xeito vagamente despistado o bolso de Maruja para ver se é de coiro ou non.
Como está medio aberto descobre que leva una Caixa de Diazepam dentro. Manda carallo; a jicha está chámame ionqui por tomar Dormidina 20 e ela mázase a Diazepam. Cousiñas hai que vere*
Choni e Maruja cando se aburren xogan ós xefes coma se fosen nenas, podía terlles dado por xogar ós médicos ou á pita altura, pero elas xogan ós xefes...
martes, 19 de febrero de 2013
Sex in the island
Os seguidores desta serie barata poderían pensar que as nosas tres protagonistas son seres asexuados máis pendentes dos nenos, das marcas, da roupa ou dos médicos, pero non tal.
Na illa como na vida en xeral hai sexo, como parece que tamén o hai na Catedral.
A chegada da primavera fai estragos entre as nosas tres protagonistas, que non deixan de comenta-lo bos que están os técnicos. A Maruja gústalle especialmente un da Coruña moi novo e moi guapo; a Pija parécelle novo máis.
-Está moi bo, pero está "poco hecho".
-Como "poco hecho"? Di Maruja.
-Si, fáltanlle canas,malahostia, engurras e vivencias...
- E barriga e chepa non? Di Maruja con sorna. Que "poco hecho" nin "poco hecho" si fai falta o fago eu!!!!
jueves, 1 de noviembre de 2012
Robinson II, spin off de Perdidas nas Cíes
Robinson continúa desorientado nas Cíes,non consigue se-lo Ulises daquela Ítaca aínda que o intenta. Converte-lo seu nunha odisea. Vive psicopatizado e fanatizado por ler algún día nos xornais Robinson incendia twitter, pero non acada o seu obxectivo.
Para non desmoralizarse pensa que toda aquela sabedoría súa non se pode sintetizar en 140 caracteres. El é un gurú, un gran prescriptor de ideas e tendencias.
Logo das eleccións todo o mundo bota contas na Illa de Perdidas: de puntos, escanos e votos, e todos arriman a sardiña á súa brasa. Aínda que os resultados parecen máis claros que nunca e o gran arquipélago vigués amence tinguido dun manto azul tanto no mar como no ceo, e gris, gris só queda a terra e os seus habitantes.
Robin pasara todo aquel tempo agardando unha chamada que nunca se producía, el atribuíao á falta de cobertura. Admirador de Wert pensaba en ir ó cine en canto chegara a terra firme e debatíase entre ver: Lo imposible e a nova Blancanieves e optou por esta última...Itaca wikipedia

miércoles, 20 de junio de 2012
O diaño viste de Berska e de Punto Roma
Primeiro foi Prada, logo foi Zara, e agora Berska.
No capítulo de hoxe os guionistas de Perdidas nas Cíes non atopan os folios, polo que está a piques de anularse a serie, xa que a dirección do programa non quere que as tres protagonistas improvisen, pódese i-lo programa ó carallo, bo, ó mellor era un éxito total, como os comentarios da Carbonero a pé de campo.
Logo de revisar toda a redacción e o set da radio, e desbotar por absurda: a neveira con chave, o botiquín con chave e a caixa de puros da Retrinque e de moito revisar, os folios aparecen ó lado da neveira do proletariado, ó fondo do corredor.
Son cousas normais, que pasan en calquera programa sobre todo nun reality show como este. Pena que guindaran o monolito de Franco na Illa principal porque aquel tamén era un bo sitio para garda-los folios, os móbiles e as aspirinas...

miércoles, 30 de mayo de 2012
Unha de rapantes? da serie Perdidas nas Cíes
A Maruja tócalle face-la merenda e pon uns bocatas de mortadela. Pija enfúrecese.
- Como pos mortadela? É de pobres.
Maruja está a piques de darlle unha labazada, xa non atura máis aquela malcriada impresentable.
Choni pescara uns rapantes e unhas cariocas na praia da Cantareira, e dicíalle a Maruja que as podían fritir, pero Maruja non sabía, precisaba ve-la receita no Picadillo ou no google.
Fartas xa de ver "Homes, mulleres e viceversa" desde o episodio do Rei en Bostwana as nosas tres protagonistas aficiónase ós documentais da dúas sobre elefantes e ó programa de "Frank en la jungla". A ver se aprendemos algo di Maruja toda didáctica.
Abráialles sobre todo o caso do porco-ovella, unha especie nova que están intentando potenciar a toda costa como produto galego de calidade aínda que se cría en Hungría.
Axiña chega Choni e Maruja pregúntalle toda solícita, como estás?
-Peor que Bankia di choni toda chea.
-Pois eu estou como Nocaga, estrinxida.
Peor é estar como Pija que logo da liorta polo bocata de mortadela está como Caixanova, desaparecida...

miércoles, 30 de noviembre de 2011
"Yo soy la Choni", spin off de " Perdidas nas Cíes"
Despois de que HBDO, Divinity e a Sexta 3 se interesaran pola sitcom de "Perdidas nas Cíes". Ábrese un tempo de reflexión, un stand by que diría o outro.
Pija e Maruja reciben unha sustanciosa oferta de Sálvame de Luxe para participaren nas tertulias, logo da fuxida de Mila Ximénez e dunha nova crise de hiperglucemia de Belén Esteban.E Pija e Maruja plantéanse coa ética profesional que as caracteriza, canto me pagarán? por un cartiños, eu vou...
A vida sigue...e a pequena produtora Caramuxo decide seguir co pouco que lle queda;así comeza a nova spin off.
" YO SOY LA CHONI"
Logo da denuncia de Pija porque lle perderan o Rolex, a Pandora e a pulseira de Tous na Illa Sur e d8n ataque premenopáusico de Maruja, Choni atópase SOA na gran cidá.
Agora estrea nova situación laboral e decide renova-lo armario para estar ad hoc coas novas circunstancias.
Decide ir de compras con Maruja porque non ten amigas en Vigo, se cadra en ningures;e non sabe ir de compras soa...
O primeiro que fai é ir recurta-la melena ó salón de peiteados. Quere facerse unha "perreira" Maruja desaconséllao porque considera que o "flequillo" é un peiteado" moi socialista e "progre" e os tempos non che están para isto; e xa sabes hai quie ir cos tempos...
Choni decide ir de compras e Maruja como está aquí como un baixo continuo ( en música) e un baixo existencial (en filosofía) decide ir canda ela ( eu sempre vou con quen manda pensaba canda Maruja ese narrador omniscinete de Cela).
Logo de saír do chollo Maruja e Choni van de compras por Príncipe e Urzáiz.
Comezan como non por Berska. o templo das compras da Choni.
Maruja quere entrar en Punto Roma e Cortefiel; pero Choni non lle deixa.
Están a piques de entrar en Stradivarius pero o cheiro dálle náuseas a Maruja, algo que Choni non entende porque Maruja é unha ionqui dos ambientadores .
Tamén recalan en Blanco onde Chony adquire unha chea de complementos e botas de tódalas cores, pero sobre todo brancas.
Tamén compra un bo feixe de leggins e de cazadoras de veludo artificial; porque Choni aínda sentía arrepíos de cando foi a unha rolda de prensa de Liberación Animal cunha zamarra de veludo de coello e case a matan da malleira que lle deron. Maruja non atura aquel tipo de tendas. Parécenlle de marulo, paletos e cuníns pero non se atreve a llo dicir á Choni.
Xa moi cannsas do día de chollo e das compras deciden tomar un sandwich no Scala da Porta do Sol, pero "hete aquí" que de camiño descobren unha tenda que fascina á Choni: chámase q M& M e está a carón da farmacia da Porta do Sol, fronte á Praza da Princesa. Aí venden roupa para despedidas de solteirae looks caribeños.
Que mágoa que non a descubriramos antes di Choni; isto é o que precisamente andaba buscando...
Continuará, ou non.... a mítica vertixe, a ditadura das audiencias...

domingo, 13 de noviembre de 2011
Perdidas nas Cíes, capítulo VI
Hai hoxe nove anos as gaivotas das Cíes tiñan medo de quedar refociladas con combustible do Prestige. Hai hoxe nove anos, aínda había alá un monolito que conmemoraba a vitoria de Franco aquel outro 20 N. Que ben quedaba o monolito, que pena que o botaran abaixo pensaba Maruja.Pero axiña volveu á realidade!
A chegada dun cámara novo á illa de Perdidas desestabilizou ás nosas tres protagonistas, sobre todo á máis vella que non llo quería presentar a ninguén co pretexto de que estaba casado.
Maruja controlaba cada paso do rapaz, se botaba un pitillo coas rapazas de realización ou se tardabaun pouco máis en enfocar ou en subir ó faro. O xoves pola tarde caeu a luz eléctrica no bar do Porto por un problema de fontanería; axiña a media tarde veu ó fontaneiro no Carramexo o barco que recolle o lixo do arquipélago.
Pija botouno a caixas destempladas porque estaba botando a sesta.
-Tes que vir de tres a catro, non podes molestar deste xeito, non nos podes estraga-a sesta.
Maruja enfadouse con Pija porque por culpa dela estiveron sen luz e sen auga doce catro días.
-Tía,pero muller en que planeta vives? Nas casas normais cando por fin chega o fontaneiro despois de chamalo catro ou cinco veces, réndeselle preitesía, ríeslle as bromas, invítaslle a un coñag e e págaslle o que che pide sen rechistar. Iso é o que pasa no mundo real, non sei de onde vés ti?
Maruja estaba pasando unha idade difícil e molestáballe moito a calor e algúns olores, por iso inzou toda a illa de ambientadores que se activaban sós cando detectaban algún movemento.Dicía que non lle gustaba o cheiro a marusía. A Pija dábanlle arcadas e á Choni porducíanlle alerxia....

domingo, 23 de octubre de 2011
Os puntos sobre as Cíes
Este é o último capítulo de "Perdidas nas Cíes". De momento. Íase chamar "Rotación e traslación", pero ó final non foi.
Choni axústase na súa casa de Beade uns pantalóns novos de vinilo comprados nas rebaixas de Berska, pero nos andeis de nova temporada. Maruja está desexando que chegue ó nadal para face-la cea de empresa e poder ir ó bingo. E Pija acaba de chegar de Londres e non dá feito. Choni pregúntalle se lle gustou e como é, pero Pija aturulla, di que Londres é Londres e que non se pode explicar con palabras. No fondo Pija sempre odiara a Choni, por hortera e por chachuna e por envexa, porque Pija aínda que sempre alardeaba de telo todo sempre andaba envexando o dos demais.
E iso que Pija non se decataba de que para Choni calquera persoa era un chanzo no que pisar e un peldaño para subir con aquelas botas brancas.
Pouco antes de abandona-la Illa o ambiente volvérase irrespirable entre aquelas tres. Foi cando Maruja decidiu que podían saír de copas para limar asperezas.Pero tampouco se puxeron dacordo, Maruja quería tomar un cup no bar do porto, Choni quería tomar champagne no bar do cámping e Pija quería tomar un Gin Tonic no outro peirao da illa,case acaban a hostias. Ó final como xa remataba a temporada e os barcos de Mar de Ons apenas ían ó arquipélago tiveron que brindar cunhas latas de Estrella Galicia.Que aquilo máis parecía un spot do Gadis que un fin de temporada!
A idea de volver á casa a Vigo tivéraa Choni, quería volver para saber que estaba pasando, sentíase responsable. Pero Maruja que estaba toda contenta nas Cíes, sen exercer de tal (de Maruja) dicíalle pasa de todo muller se xa nos enteraremos do que pasa pola radio... queda tranquila aquí tomando o cafeciño comigo....

Suscribirse a:
Entradas (Atom)