Mostrando entradas con la etiqueta a spin off. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de noviembre de 2016
Compay de piso II, spin off
Compay de piso gusta de pasar tempadas en Cunqueiro Spa Resort, antes ía unha vez ó ano, e agora vai dúas ou tres. El que é moi cool di que vai en plan detox, como as top models. Os seus favoritos son o bar de osíxeno e a barra do Simtron.
Alí a verdade trátano moi ben. E volve moi contento como Carmen Sevilla da Buchinger, Vargas Llosa do Welness de Altea ou Mike Jagger de alí onde vai.
O Compay como ven xa se apalancou entre os grandes.
jueves, 1 de noviembre de 2012
Robinson II, spin off de Perdidas nas Cíes
Robinson continúa desorientado nas Cíes,non consigue se-lo Ulises daquela Ítaca aínda que o intenta. Converte-lo seu nunha odisea. Vive psicopatizado e fanatizado por ler algún día nos xornais Robinson incendia twitter, pero non acada o seu obxectivo.
Para non desmoralizarse pensa que toda aquela sabedoría súa non se pode sintetizar en 140 caracteres. El é un gurú, un gran prescriptor de ideas e tendencias.
Logo das eleccións todo o mundo bota contas na Illa de Perdidas: de puntos, escanos e votos, e todos arriman a sardiña á súa brasa. Aínda que os resultados parecen máis claros que nunca e o gran arquipélago vigués amence tinguido dun manto azul tanto no mar como no ceo, e gris, gris só queda a terra e os seus habitantes.
Robin pasara todo aquel tempo agardando unha chamada que nunca se producía, el atribuíao á falta de cobertura. Admirador de Wert pensaba en ir ó cine en canto chegara a terra firme e debatíase entre ver: Lo imposible e a nova Blancanieves e optou por esta última...Itaca wikipedia

Suscribirse a:
Entradas (Atom)