Hoxe tiven que facer xestións bancarias da miña comunidade de veciños. E malia a lideira da lei de proteción de datos cada vez que vou a un banco me preguntan estado civil, nómina, empresa, case case data da primeira regla, que de verdá non sei por qué tanto carallo queren saber!
O caso é que nese banco tíñanme como sector telecomunicacións ou algo así. E o tipo preguntoume pero en qué traballas? Cal é a túa empresa? E eu por non montarlle un pifostio lle contestei, quedou pampo!
Ah!!! Non coñecerás a Rosa Castro, a lingüísta? É o meu amor imposible!
Entón xa era eu quen estaba en shock!
O tipo insistía, pero coñécela en persoa? Pois mira eu coido que en persoa non, pero teño falado abondo con ela e sei que ademais de guapa é lista e riquiña.
- Boh nunca lle dixen nada, eu coñezo as miñas posibilidades!
Entón aí xa entro eu de conselleira sentimental😝😝.Hai que intentalo sempre, ó melhor tiñas unha oportunidade. Ela é lista e riquiña e non penso que elixa mozo por guapo.
O tipo seguía: qué ben fala, con ese galego de Foz.... 😍 Eu seguía abraiada como en un consultorio sentimental.Pensaba para os meus adentros cóntasmo a min e non tes collóns de dicirllo a ela!
Estes casos realmente me enternecen, e non sei se mandarlle un nps ( mensaxe da nosa intranet) a Rosa Castro para darlle conta do seu admirador, o seu nome é o banco vigués en que traballa...qué farei? Por min que non quede non?🤔🤔
Mostrando entradas con la etiqueta amores imposibles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amores imposibles. Mostrar todas las entradas
lunes, 3 de julio de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)