Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta concello. Pasamento de Manuel Soto Ferreiro. Primeiro alcalde da democracia de Vigo.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concello. Pasamento de Manuel Soto Ferreiro. Primeiro alcalde da democracia de Vigo.. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de noviembre de 2019

Compañeiro Manoel Soto, “ Por un Vigo mellor”

Onte finou Manuel Soto Ferreiro un dos alcaldes que deixou máis pegada en Vigo xunto con Portanet, e o noso inefable Abel. Compañeiro Soto que así se deu en chamar apuntábase ben a unha foto segundo dicían os que o coñeceron daquela época. Embeleceu Vigo con obras que hoxe ninguén discute e se converteron en iconas: o Sereo, os Mariñeiros da Gran Vía ou a Porta do Atlántico. Din os que viviron aquela etapa que tiña a alcaldía bunquerizada sobre todo na súa última etapa, algo que non ocorría cando eu empecei a traballar era a Casa da Collona pois pasábamos horas alí agardando a saída daquelas interminables xuntanzas de mediados dos noventa. Despois do seu periplo americano vivíu a súa época máis gris, converténdose nun concelleiro independente de pequenos partidos. A min daquela facíaseme moi plasta,non tiña apenas representación era irrelevante pero botábase ó micro como un máis. Eu facía algunhas manobras para non o entrevistar porque non cabía nas miñas noticias dun minuto, pero el sempre aproveitaba que os outros da xerencia de urbanismo se facía os remolóns para forzar unhas declaracións que ninguén ( ou polo menos eu) lle quería coller. E compañeiro Manuel Soto que puxo a Vigo na vangarda da moda, da música e da arte, xa está alá, máis alá das estrelas e das luces de Abel!!