jueves, 28 de noviembre de 2019
Compañeiro Manoel Soto, “ Por un Vigo mellor”
Onte finou Manuel Soto Ferreiro un dos alcaldes que deixou máis pegada en Vigo xunto con Portanet, e o noso inefable Abel.
Compañeiro Soto que así se deu en chamar apuntábase ben a unha foto segundo dicían os que o coñeceron daquela época.
Embeleceu Vigo con obras que hoxe ninguén discute e se converteron en iconas: o Sereo, os Mariñeiros da Gran Vía ou a Porta do Atlántico.
Din os que viviron aquela etapa que tiña a alcaldía bunquerizada sobre todo na súa última etapa, algo que non ocorría cando eu empecei a traballar era a Casa da Collona pois pasábamos horas alí agardando a saída daquelas interminables xuntanzas de mediados dos noventa.
Despois do seu periplo americano vivíu a súa época máis gris, converténdose nun concelleiro independente de pequenos partidos.
A min daquela facíaseme moi plasta,non tiña apenas representación era irrelevante pero botábase ó micro como un máis. Eu facía algunhas manobras para non o entrevistar porque non cabía nas miñas noticias dun minuto, pero el sempre aproveitaba que os outros da xerencia de urbanismo se facía os remolóns para forzar unhas declaracións que ninguén ( ou polo menos eu) lle quería coller.
E compañeiro Manuel Soto que puxo a Vigo na vangarda da moda, da música e da arte, xa está alá, máis alá das estrelas e das luces de Abel!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Fíxate que me deu pena a noticia. Se cadra, porque me lembra unha boa época persoal e profesional.
ResponderEliminarDescanse en paz
Bicos
Os marabillosos 80 Alís!!😘Pero todas as épocas teñen cousas boas!!
ResponderEliminarNo sabía que muriera. Fue un alcalde a recordar por todo lo que hizo , dejo su huella bien marcada como es el caso del sireno y los caballos de la plaza España.
ResponderEliminarDescanse en paz.
Puri