Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta o poder revelador dos sucesos.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o poder revelador dos sucesos.. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de noviembre de 2016

Todos levamos un fascista dentro

Esta mañá tocoume cubrir un incendio na Travesía de Soler 2, unha pequena rúa próxima ó hospital de Fátima en Vigo. Cando cheguei alí vin a non menos de corenta xitanos rumanos e unha muller galega. Non querían sobre todo a muller galega ser gravados. Supoño que a muller era a caseira ou a propietaria daquela infravivenda en que vivían todos eles. Ós xitanos estiven a piques de os convencer de que a todos nos interesaba facer a noticia; pero á lurpia aquela da propietaria non a convencín. Cheguei a dicirlle que na rúa podíamos gravar, e supoño que no interior da súa casa se llela tiña alugada de xeito legal a aquela xente tamén podía gravar co permiso deles. Pero a lurpia aquela revirárase de vez. Agora xa penso mesmo que os tiña alí metidos sen electricidade traballando na economía sumerxida; porque a falta de datos eu podo pensar o que queira non? O caso é que por mor dunha lurpia destas, unha pequena fascista de barrio a noticia non saíu; porque ó final achégasenos ó coche os rumanos para dicirnos que en canto se fose a caseira nos deixarían gravar.