martes, 29 de noviembre de 2016
Todos levamos un fascista dentro
Esta mañá tocoume cubrir un incendio na Travesía de Soler 2, unha pequena rúa próxima ó hospital de Fátima en Vigo. Cando cheguei alí vin a non menos de corenta xitanos rumanos e unha muller galega. Non querían sobre todo a muller galega ser gravados.
Supoño que a muller era a caseira ou a propietaria daquela infravivenda en que vivían todos eles. Ós xitanos estiven a piques de os convencer de que a todos nos interesaba facer a noticia; pero á lurpia aquela da propietaria non a convencín.
Cheguei a dicirlle que na rúa podíamos gravar, e supoño que no interior da súa casa se llela tiña alugada de xeito legal a aquela xente tamén podía gravar co permiso deles. Pero a lurpia aquela revirárase de vez. Agora xa penso mesmo que os tiña alí metidos sen electricidade traballando na economía sumerxida; porque a falta de datos eu podo pensar o que queira non?
O caso é que por mor dunha lurpia destas, unha pequena fascista de barrio a noticia non saíu; porque ó final achégasenos ó coche os rumanos para dicirnos que en canto se fose a caseira nos deixarían gravar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario