Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta redadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta redadas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de marzo de 2015

Última teoría viguista da conspiración

Onte estiven na Pedra, o mítico mercado vigués que ninguén sabe cantos
anos ten. Hai quen di que cento trinta, eu penso que naceu ó CALORET do franquismo e do estraperlo, se cadra as nosas avoas ían alí a mercar café. Eu fun co meu pai  mercar reloxos ou espertadores e levei a amigos de Bilbao que pretendían mercar alí tabaco por dous reás. Sempre foi así, o qu traían nos barcos, o estraperlo, como gran reclamo desde hai polo menos 75 anos e tododeus revirou o pescozo tanto que ata disque un da UDYCO pasaba os chivatazos das redadas.
E resulta que sí, desta volta sí Obama nos puxo no mapa e dixo que nin Candem, nin San Telmo, nin o Rastro, nin Lavapiés que a Pedra é o celme, a orixe, alfa e omega das falsificacións. E a xuíza decidíu pechalo o día que chegou o Independence of the Seas, o osturistas veña de tuitear que chegaran a Vigo e que parecía que estaban a gravar unha de James Bond. E disque desde aquela o Independence of the Seas non programou visita algunha ó porto vigués. E hai quen di que desde aquela cada vez os portos da Coruña, de Ferrol ou Vilagarcía teñen máis barcos de vez.
Hai quen mesmo di que a xuíza tan querida e recoñecida do número tres na Coruña naceu. Pero eu polo menos, necesito crer na xustiza, aínda que agora para comprar un reló teña que ir á Laxe e non poda ir á Pedra.