Onte estiven na Pedra, o mítico mercado vigués que ninguén sabe cantos
anos ten. Hai quen di que cento trinta, eu penso que naceu ó CALORET do franquismo e do estraperlo, se cadra as nosas avoas ían alí a mercar café. Eu fun co meu pai mercar reloxos ou espertadores e levei a amigos de Bilbao que pretendían mercar alí tabaco por dous reás. Sempre foi así, o qu traían nos barcos, o estraperlo, como gran reclamo desde hai polo menos 75 anos e tododeus revirou o pescozo tanto que ata disque un da UDYCO pasaba os chivatazos das redadas.
E resulta que sí, desta volta sí Obama nos puxo no mapa e dixo que nin Candem, nin San Telmo, nin o Rastro, nin Lavapiés que a Pedra é o celme, a orixe, alfa e omega das falsificacións. E a xuíza decidíu pechalo o día que chegou o Independence of the Seas, o osturistas veña de tuitear que chegaran a Vigo e que parecía que estaban a gravar unha de James Bond. E disque desde aquela o Independence of the Seas non programou visita algunha ó porto vigués. E hai quen di que desde aquela cada vez os portos da Coruña, de Ferrol ou Vilagarcía teñen máis barcos de vez.
Hai quen mesmo di que a xuíza tan querida e recoñecida do número tres na Coruña naceu. Pero eu polo menos, necesito crer na xustiza, aínda que agora para comprar un reló teña que ir á Laxe e non poda ir á Pedra.
Mostrando entradas con la etiqueta cruceiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cruceiros. Mostrar todas las entradas
miércoles, 18 de marzo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)