Moito se fala dos escarpíns mortos en combate que desaparecen na lavadora sen dicir adeus.
Pero qué pasa cos pendentes?
A min desaparécenme máis. Son efémeros, son volátiles, son libres, son de vida alegre. E ás veces se van. Outras veces avisan: titilan, móvense caen preto ou lonxe de min; e alguén mos devolve.
Pero ai deses outros que caen nun ascensor, nunha leira, nun vello tren... eses non volverán!