Moito se fala dos escarpíns mortos en combate que desaparecen na lavadora sen dicir adeus.
Pero qué pasa cos pendentes?
A min desaparécenme máis. Son efémeros, son volátiles, son libres, son de vida alegre. E ás veces se van. Outras veces avisan: titilan, móvense caen preto ou lonxe de min; e alguén mos devolve.
Pero ai deses outros que caen nun ascensor, nunha leira, nun vello tren... eses non volverán!
... en ocasións son delatores de presencias prohibidas...
ResponderEliminarIso tamén. Ou non podes dicir onde pensas que quedaron! Nin preguntar por el!
ResponderEliminar