martes, 8 de abril de 2025
O pánel dos falabaratos
Por aquel tempo tirabamos dos catro señores que falaban de todos os temas. Non tiñan nin mísera idea; igual falban do tempo que dos aranceis. Eran sempre voces afíns que non saían do rego. Alguén chegou a chamalos os evanxelistas porque escribían o evanxeo segundo San Marcos.
lunes, 7 de abril de 2025
A mafia portuguesa do polbo
Son varios irmáns do norte de Portugal que teñen unha fábrica de "cacharros" de plástico. Así lles chaman a unha especie de nasas de plástico sen rede e que non precisan carnada. Custo case cero.Ós polbos gústalles gorecerse nestas tubaxes cando desovan.
Segundo as hipóteses da investigación. Oa fabricantes portugueses fabrican, venden e colocar in situ dentro do noso mar os cacharros que capturan o polbo que aquí en Galicia son unha arte ilegal. Tras recibir o pagamento dan as coordenadas ó comprador que só ten que ir ó punto a recoller as tubaxes e os cefalópodos.
E así están arrasando o noso mar todo desde Camposancos ata as Estelas.
sábado, 5 de abril de 2025
Por qué montaron el Pazo del Pan?
Precisamente en aquel concello? Y con aquella actividad empresarial ? La respuesta que se me ocurre no me gusta nada.
viernes, 4 de abril de 2025
España en pie por un biquini🤣
Oye, que yo lo entiendo!! Yo también estoy loca porque llegue el buen tiempo y por comprar un biquini rosa y aterrizar en mi isla o en el Vao.
jueves, 3 de abril de 2025
miércoles, 2 de abril de 2025
O percal, o tergal e o lyocell
Está Galicia que arde, on fire tamén en primavera porque nos queren calzar unha celulosa no centro do país, a carón dun gran río que desemboca na Arousa, a ría máis grande e produtiva que nos queda.
Semella unha broma pesada. Un insulto á intelixencia cincuenta anos despois de que ENCE fodese de vez a ría de Pontevedra e cunha crise ambiental e de produción de marisco insoportable. Hai canto que non vedes ameixa fina ou babosa no super ? E desde cando os berberechos ou os caramuxos van a 17 ou 12 euros se os hai?
Contoume meu pai que cando ENCE se quixo implantar en Galicia houbo pelexas entre Vigo, Redondela e Pontevedra porque todos querían esa suposta gran industria. Gañou Pontevedra porque tiña máis influenza política.
Pasados uns anos en Vigo escachaban pola podremia do cheiro e da contaminación e pensaban ala por listos!!
Sei tamén que houbo protestas en Lourizán das mariscadoras que foron malladas pola policía franquista e tamén en Ourense.
Pasou medio século e algún cerebro GRIS no peor sentido da palabra decidíu por qué non? que era boa idea meter na Ulloa unha celulosa máis grande cuxo fluxo desemboque na Arousa.
E darlle unha forte subvención de cartos públicos. Por qué non? Barra libre! É unha absoluta broma macabra.
Una factoría que non queren en Portugal, país de orixe da empresa.
A ver se algún goberno amigo para este absurdo delirio. Por qué o fan? Qué lles aporta? Negociaron postos no consello de administración? Só hai que ver quen senta nas cadeiras do consello de administración de ENCE.
Postos hiperbenpagados de xente que non fai ren.
Pero quén paga a factura, nós os galegos e o noso medio natural e é un prezo demasiado caro para nós!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)