Vistas de página en total

martes, 7 de febrero de 2012

Baltaradas, humoradas, cacicadas

Hoxe foi o día. Cando me contaron sentín frío dunha folla de aceiro nas entrañas ... e pensei que non podía ser tal pero foi...
O Baltarato aúreo consolidouse cehgou por fin ó seu segundo chanzo. Contan os baltarólogos que esta segunda escena do segundo acto guionizada estaba xa hai tempo, e tamén escrita nas estrelas.
Este demite, os otros lle votan e o Little Baltar acada o Salón do Trono de Papá. Hai que ter collóns e logo falan de democracia. Pero isto non é unha democracia avanzada, nen sequera democracia. Todo muñido, manu militario por papá.
Nas mellores simulacións democráticas que coñezo as cousas fanse doutro xeito, hai familias políticas, grupos de poder, correntes de partido e tendencias que se apoian... pero nada tan burdo, grotesco e basto como que o pai enchufe ó fillo así pola cara:extorsionando, presionando o voto,intimidando, ofrecendo cartos, cargos ou amenazando...
Nas mellores empresas, non se cadra a deste pequeno país noso, os pais sabios encargan a bos xestores as empresas e non as deixan en mans de fillos que non teñen idea ou que só están alí por seren fillos de...
Ai que noxo, ai canta dor de estómago por conte-las arcadas, e canto nos queda por aturar. Porque ninguén foi quen de afastar a estes elementos do poder ó Pai, o Fillo e ó Espírito Santo do Partido que vaideguai pero permite que isto siga ocorrendo porque lle beneficia aínda que no fondo abominen destas accións.
Herdarán os netos de Baltar o Sultanato? O único bo de todo isto é que meus netos non o verán...

2 comentarios:

  1. Quixera ser quen de reconfortarte pero é tan imposible coma incrible, pero hai que seguir falando, ti tes folgos para facelo, eu aínda estou en estado de shock postraumático, pero ei saír e seguir falando, e o que nos queda, é o noso deber, aínda que sexa por saúde mental. Unha forte aperta

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Ana. O caso é que isto é delirante. Non nos debiamos afacer a que ocorran coma se nada cousas como estas. Hai que ter outro nivel ético, non podes herda-lo traballo do teu pai nunha empresa pública, que agarde a que o voten.
    Só nos queda patalexar porque nesta e noutras cousas estamos vivindo unha involución, unha volta atrás un flash back. Deberiamos polo menos garda-las formas...

    ResponderEliminar