jueves, 29 de noviembre de 2012
Antes Edu, agora Edius
Xa hai tempo que nas empresas priman as máquinas sobre as persoas. Pasa desde a revolución industrial. Tamén triunfan as persoas que actúan como máquinas como se nin tivesen corazón, e é que se cadra non o teñen.
Hai un lustro botabámono-las mans á cabeza cando viamos a un xornalista da prensa escrita que facía fotos, ou un de televisión que gravaba imaxes e redactaba tamén. Agora queren tamén que como xa fan nas privadas, nas públicas o que redacta edite tamén en vídeo as imaxes que o cámara gravou.
Din que non hai volta atrás e que a nova lei laboral o permite e protexe. Queren ademais que aquelas persoas que ven en perigo o seu traballo ensinen ós demais.
Mentres desde a Torre de Notre Damme circulan inxustos expedientes,e medo moito medo.
lunes, 19 de noviembre de 2012
Un paiaso moderno
Non me gustan os paiasos. Parécenme tristes, coa maquillaxe cuarteada e o nariz vermello, con aqueles chistes fáciles e estrondosos.Pero aquel era diferente, actuaba cada xoves despois de merendar e de face-los deberes.
Ía canda outros tres ou catro, sempre de vermello ata os pés. Xa daquela facían skechts cando ninguén lles chamaba así.
Deberon durar vinte anos en pantalla, porque todos nós: os de corenta, os de cincuenta e os de trinta os lembramos.
Con Miliki finou o último deles, aínda queda aquel home triste, o serio, o Fernando Chinarro que aínda tivo as forzas para ir ó tanatorio.
Canda eles desaparece a nosa infancia. Nós na casa víamolos ata o final, só por ve-lo rótulo do grafista, un primo de meu pai, o primeiro de todos nós que xa traballaba na tele.
jueves, 1 de noviembre de 2012
Robinson II, spin off de Perdidas nas Cíes
Robinson continúa desorientado nas Cíes,non consigue se-lo Ulises daquela Ítaca aínda que o intenta. Converte-lo seu nunha odisea. Vive psicopatizado e fanatizado por ler algún día nos xornais Robinson incendia twitter, pero non acada o seu obxectivo.
Para non desmoralizarse pensa que toda aquela sabedoría súa non se pode sintetizar en 140 caracteres. El é un gurú, un gran prescriptor de ideas e tendencias.
Logo das eleccións todo o mundo bota contas na Illa de Perdidas: de puntos, escanos e votos, e todos arriman a sardiña á súa brasa. Aínda que os resultados parecen máis claros que nunca e o gran arquipélago vigués amence tinguido dun manto azul tanto no mar como no ceo, e gris, gris só queda a terra e os seus habitantes.
Robin pasara todo aquel tempo agardando unha chamada que nunca se producía, el atribuíao á falta de cobertura. Admirador de Wert pensaba en ir ó cine en canto chegara a terra firme e debatíase entre ver: Lo imposible e a nova Blancanieves e optou por esta última...Itaca wikipedia

Suscribirse a:
Entradas (Atom)