Vistas de página en total

domingo, 24 de marzo de 2013

Obradoiroleaks

Desde que Manolo, o electricista escribira o seu obradoiroleaks que circula pola rede e en modestas fotocopias polos bares de Santiago, a novela de Vázquez Taín deixou de venderse. Houbo quen pensou que o roubo do Códice tivo un final moi cutre, de serie B.Un electricista border line, un agocho nun garaxe dunha "banlieu" de Santiago, rodeado de bolsas do Froiz? Moi pouco cool para un argumento de John Le Carré ou sequera de Domingo Villar ou de Pedro Feijóo. Pero "hete aquí" que vai Manolo, ó que parece que lle falta un cable rouba o Códice e escribe unha historia que parece o escrito de acusación do fiscal do caso Arny ou un microteatro de Chueca. Ai, Manolo; que pouca vista para os negocios! Estánse forrando en Tórculo coas fotocopias e ti deixaches o obradoiroleaks no notario, se polo menos llo venderas a "El País" ou a Interviú tiñas para pagar a esa avogada narquista que te botaches... pero que son os cartos para ti? Se cadra aínda tes outra maleta con tres quilos no faiado e unha reprodución do Tumbo A baixo a lareira...

No hay comentarios:

Publicar un comentario