Vistas de página en total

sábado, 9 de marzo de 2013

Treboada na Illa de Perdidas:do chonismo ó chandalismo caudillista

Dos directores de "Lo imposible" e do "Método Gröngholm dos guionistas de "Nada, mentiras e cintas de vídeo" cos protagonistas de "Los miserables" e dos " Xefes pasaxeiros" xorde o penúltimo capítulo de "Perdidas"´: "Máis perdidas ca nunca". Banda sonora: Los calis, Los Chichos e Los Chunguitos Starring by Almodóvar, Iker Jiménez e Juan Antonio Bayonas. Unha forte treboada que deriva en tsunami afecta ó arquipélago de Perdidas. A dirección do programa quere emiti-lo fenómeno adverso en directo, pero non o consiguen. Maruja berra mayday, mayday, my God my God, pero como sempre non dá feito. -Volveuse estraga-la LSD di Maruja toda farruca. - Pero que LSD nin LSD di Pija? - Si, a LSD a conexión da internet que non furrula teima Maruja. Choni está desolada, a treboada, o tsunami e o tornado arrasaron con todo o campamento base que ela conseguira deseñar. Anda moi alporizada e perde o control cada cinco minutos xa ninguén lle fai caso. - Mellor sería que fosemos a Splash ou a "Mira quen salta". Co trebón o programa déixase de emitir e a dirección da canle achégase en helicóptero ata o Peirao de Rodas; queren ver in situ por qué fallou a emisión. Aqueles días o bar do Porto é un constante desfilar de abrigos e chaquetóns de veludo, uns de orixe aninal e outros de orixe sintética. A cantina do porto aparece chea de pintadas: "Chonismo is dead" que ninguén sabe que significa porque aquí a lingua oficial é o castrapo. A dirección da canle quere redefini-lo programa na procura de maior eficiencia,e busca un novo comandante presidente chavista, un chandaleiro como o Gran Hugo Chávez Frías. Si, era boa idea elixir no novo reality show da tempada un novo líder político; Antena 3 anda á procura dun novo Papa, A Nosa Terra tv montou outro reality na procura dun novo presidente da RAG, El Mundo TV montou outro para atopar un novo Rei, Atlántivo TV busca unha nova Corinna Porro; por qué nós non imos buscar un novo líder bolivariano para Venezuela, aínda que sexa aquí nas Cíes? Fundido a negro?

No hay comentarios:

Publicar un comentario