martes, 5 de marzo de 2013
Todos estamos nominados
Xa son cinco millón e poden ser máis. María traballaba de alta executiva nunha empresa de automoción.Traballou desde os dezasete anos,dando clases e demais.A semana pasada déranlle un coche de empresa de alta gama, un i phone 5. Sentíase feliz e relaxada, nestes tempos de crise tiña chollo e era bo. Era a envexa do seu entorno. Aínda non baixara da nube, aínda non lle dera tempo a instala-lo instagram nin o whastsapp cando ó luns seguinte non a deixan entrar no seu despacho, pídenlle o móbil, o ordenador portátil e déixanlle o coche só para vover á casa.
Parece que só pasa nas películas pero é verdá* agardárona con esa caixa de cartón color café con leite e deixáronlle só pasar a recolle-las súas cousas persoais. Indemnización e paro. Nunca en tal se vira.
Tampouco se vira en tal Ana R, xefa de peche dun diario rexional do norte de España. Imprescindible, igual traducía do euskera un comunicado de ETA ou paraba as máquinas á unha menos dez porque souberan da morte de Fraga ou dun montañeiro desaparecido en Aralar,salarios low cost e xornada laboral extra large fixeron que se fose do seu diario polo seu pé. Rematar ás dúas da mañá e comezar ás dez da mesma mañá non ten xeito nin maneira nin hai corpo que o ature, nin sistema nervioso que o resista e por iso Ana se foi. Un ano de indemnización e ó paro a descansar vía ERE. A desesperación levouna ata aquí, logo de pasar no Polígono de Areta case a metade dos seus últimos dezaoito anos. E quedan máis, oxalá non fose, agora que por fin os gromos verdes parecen saír á luz.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario